A Xunta colabora coas festas do barrio lucense da Piringalla, que se celebrarán do 14 ao 18 de maio
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Lugo, 9 de maio de 2025
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación do programa das festas da Piringalla, que se celebrarán entre os días 14 e 18 de maio co apoio do Goberno galego. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias, e membros da Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva deste barrio da capital, presidida por Ricardo Varela, que se encarga de organizar os festexos.
A programación comezará o mércores 14, co pregón a cargo do xornalista Francisco Rivera Cela, a entrega dos bastóns de ouro de San Isidro 2025 e unha solta de globos en símbolo da paz, entre outras actividades.
Durante os cinco días haberá diferentes barracas e actividades lúdicas, entre as que figura a celebración do noveno campionato do mundo en lanzamento de pantuflas, que se desenvolverá o venres 16 a partires das 20.00 horas. Tamén se celebrarán verbenas todas as noites a excepción do domingo, cando se clausurará o programa cunha degustación gratuíta de chocolate con churros para os nenos e nenas.