Villares enxalza á cadea mar-industria galega como modelo de éxito que aposta pola innovación, a investigación, a formación e a sustentabilidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O titular de Mar puxo en valor o papel de Galicia como principal rexión pesqueira de Europa así como da súa frota que opera en caladoiros de todo o mundo respectando os estándares máis esixentes en termos ambientais
- O responsable autonómico sinalou como prioridade a promoción do consumo de produtos pesqueiros dado os seus beneficios para saúde e cuestionou ao Goberno central por limitar a presenza destes alimentos nos comedores escolares
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Sober (Lugo), 9 de maio de 2025
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na mesa redonda Galicia: pioneira no liderado nacional pesqueiro no marco da celebración dunha nova edición do Encontro de Sober: diálogos rural e industria. Alí enxalzou o modelo de éxito da cadea mar-industria galega sustentado na innovación, a investigación, a formación e a sustentabilidade. Un piares que forman parte esencial das liñas de traballo que desenvolve o Goberno galego da man dos seus centros de investigación mariña, referentes no ámbito internacional, así como os centros de formación marítimo pesqueira que xogan un papel crucial no ámbito da remuda xeracional no sector.
O responsable autonómico puxo en valor o papel de Galicia como principal rexión pesqueira de Europa grazas a un sector pesqueiro consolidado cuxa frota opera en caladoiros de todo o mundo e que é referente en sostibilidade a nivel internacional cumprindo os estándares ambientais máis esixentes. Un saber facer que sitúa á comunidade á vangarda e para o que é preciso continuar afondando na modernización e transformación dixital da actividade pesqueira, tamén na extensa rede portuaria autonómica de 122 peiraos espallados por toda a costa galega que vertebran o territorio e cuxa actividade contribúe a fixa poboación.
O titular de Mar sinalou como unha prioridade do Goberno galego a promoción do consumo dos produtos pesqueiros nun contexto xeral de progresivo descenso. Unha aposta que ten o seu foco no impacto positivo que teñen estes alimentos na saúde dos consumidores e que están avalados cientificamente. En paralelo tamén supón dinamizar dun sector estratéxico para a comunidade, especialmente nos concellos costeiros. Por iso expresou as súas críticas ao decreto do Goberno central que limita a presenza do peixe e mariscos nos comedores escolares.
Alfonso Villares subliñou que o futuro para por reforzar a xestión sostible dos recursos mariños. Unha tarefa na que as novas tecnoloxías son unha ferramenta esencial e que fixo posible avanzar na dixitalización das lonxas facilitando o acceso e xestión da información vinculada a actividade pesqueira. Un labor que sitúa a Galicia nun lugar destacado no ámbito da innovación e mellorar a competitividade do sector. Por último, agradeceu o traballo que vén desenvolvendo o sector grazas ao cal GALICIA SABE AMAR hoxe e no futuro.