A Xunta defenderá ante a xustiza a propiedade do inmoble da rúa Lalín para poñelo á disposición da veciñanza viguesa

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións ás que se trasladarán a finais deste mes o Rexistro Civil e a sala de vodas
  • Lamenta o bloqueo do Concello de Vigo a un investimento de 20 millóns de euros para a creación dun centro de asociacionismo, o que obrigou a resolver o contrato
  • Diego Calvo incidiu en que o Goberno galego mantén o compromiso para seguir investindo en Vigo
Imagen del artículo A Xunta defenderá ante a xustiza a propiedade do inmoble da rúa Lalín para poñelo á disposición da veciñanza viguesa
Vigo, 9 de maio de 2025

A Xunta emprenderá as accións necesarias para a defensa da propiedade do inmoble dos antigos xulgados na rúa Lalín co obxectivo de poñelo á disposición da veciñanza viguesa. Así o confirmou hoxe o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, no marco dunha visita ás novas instalacións ás que se trasladarán o Rexistro Civil e a sala de vodas a finais deste mes. Cómpre lembrar que o edificio da rúa Lalín foi transferido polo Estado ao Goberno galego en propiedade e, xunto coa parcela, consta como tal no inventario de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma.

A Xunta lamenta os obstáculos por parte do Concello de Vigo á conversión do edificio dos antigos xulgados nun centro de asociacionismo tal e como prevía facer a Xunta, suspendendo a licenza para as obras que concedera meses antes. "Esta situación obrigounos a resolver o contrato, dado que as obras tiñan comprometidos fondos europeos e propios que non podían permanecer inmobilizados", apuntou Diego Calvo, quen tamén reafirmou o compromiso da Xunta para seguir investindo en Vigo.

As actuacións previstas supuñan un investimento de 20 millóns de euros para darlle cabida a máis dun cento de asociacións, polo que, os veciños e veciñas de Vigo son os realmente afectados polo bloqueo desta iniciativa. Ademais, o Concello de Vigo finalmente desestimou as alegacións e, segundo indicou o conselleiro, iniciou un proceso para cambiar a titularidade da parcela no Catastro, pero este resolveu non alterar a inscrición a favor da Xunta.

Traslado do Rexistro Civil e da sala de vodas

O conselleiro fixo estas declaracións con motivo da visita ás que serán desde finais deste mes as novas sedes do Rexistro Civil en Vigo e da sala de vodas, situadas ata o de agora no edificio da rúa Lalín, e na que estivo acompañado polo director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a delegada territorial de Xunta en Vigo, Ana Ortiz.

Segundo informou Diego Calvo, a Xunta investiu case 240.000 euros na transformación e reorganización dos espazos do Rexistro Civil na rúa San Sebastián e na habilitación do local da sala de vodas, situado nun anexo na rúa Abeleira Menéndez. Concretamente, no Rexistro Civil redistribuíronse espazos das plantas baixa e primeira, e renováronse os sistemas de climatización, ventilación e iluminación. A maiores, no soto habilitáronse dependencias para despachos e instalouse mobiliario para 17 postos de funcionarios, ademais de colocar estantes rodantes para documentación.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/05/2025
1012569 {"title":"A Xunta defenderá ante a xustiza a propiedade do inmoble da rúa Lalín para poñelo á disposición da veciñanza viguesa","published_date":"2025-05-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/178604-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1012569"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-09/1012569-xunta-defendera-xustiza-propiedade-do-inmoble-da-rua-lalin-ponelo-disposicion-da-vecinanza-viguesa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.