A Xunta celebra o Día de Europa con algúns dos clubs que representaron a Galicia en competicións europeas nas últimas tempadas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor o bo momento do deporte galego e o seu importante papel na proxección da marca Galicia en Europa

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu a deportistas dalgúns dos clubs que representaron a Galicia en diferentes competicións europeas nas últimas tempadas. O encontro enmarcouse na celebración, hoxe, do Día de Europa.
Diego Calvo agradeceu o esforzo e dedicación dos deportistas presentes, que levaron "a bandeira de Galicia e os seus valores alén das fronteiras nacionais, deixando o pavillón galego ben alto", e destacou o apoio da Xunta para continuar fomentando un "deporte plural, diverso, enriquecedor, con valores, motor de cambio social e tamén axente económico determinante".
Cómpre salientar a puxanza galega no contexto deportivo europeo. Neste sentido, algúns dos clubs galegos que participaron en Europa nestas últimas tempadas foron o Hóckey Club Liceo de A Coruña e o Hóckey Club Coruña Femenino en hóckey patíns; o C.D. Burela Fútbol Sala en fútbol sala; o Club Universitario Ferrol, o Ensino Lugo Club de Baloncesto, o Club Baloncesto Breogán S.A.D. e o Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto S.A.D. en baloncesto e o C.D. AMFIV en baloncesto en cadeira de rodas; o Club Balonmán Porriño e o Club Balonmán Atlético Guardés en balonmán; o R.C. Deportivo de La Coruña S.A.D. en fútbol (en categoría xuvenil); o Arteal Tenis de Mesa, a Agrupación Deportiva Vincios e o Tenis de Mesa Monte Porreiro en tenis de mesa; o Estrela Supernova en fútbol gaélico (en categoría cadete); así como o C.P.A. Gondomar, o C.P.A. Condado de Salvaterra de Miño e o C.P.A. Ríbex de Tui en patinaxe artística.