Galicia considera a revisión da PPC como unha oportunidade para a mellora e o crecemento do sector marítimo-pesqueiro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Así se recolle no Decálogo Estratéxico da Consellería do Mar, a través do que se reclama que a comunidade sexa considerada zona altamente dependente da pesca, o que implica que teña un trato diferenciado na toma de decisións europeas
- A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica participa na segunda xornada da 20ª Feira Expomar
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Burela (Lugo), 8 de maio de 2025
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e innovación Tecnolóxica, Patricia García, participou este xoves na inauguración das XXXII Xornadas Técnicas, no marco da celebración da 20ª Feira Monográfica Náutica Pesqueira Expomar que se celebra estes días en Burela e que foi inaugurada polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares. García trasladou aos asistentes a postura de Galicia ante o escenario que se abre coa revisión da Política Pesqueira Común. Neste senso, indicou que o Goberno galego entende este proceso como unha oportunidade para a mellora e o crecemento do sector marítimo-pesqueiro. Por este motivo, a Consellería que dirixe Alfonso Villares presentou recentemente o seu Decálogo Estratéxico coas propostas que deben terse en conta para que esta norma europeas sexa útil e eficaz á cadea mar-industria.
A directora xeral fixo fincapé en que só así se dará un valor engadido á comunidade, unha das rexións de toda a UE con máis dependencia deste sector, tanto en termos de emprego como de ingresos económicos. Así o reflicten os datos. O peso deste réxime no Produto Interior Bruto (PIB) e o Valor Engadido Bruto (VAB) é notable, pois representan o 4,8% e o 5,48%, respectivamente. Asemade, a pesca é a actividade con maior índice de produtividade por traballador, representa o cuarto sector en exportacións da economía galega, constitúe o principal vector de especialización intelixente de Galicia e os postos de traballo supoñen na actualidade o 2,9% do emprego total na comunidade, o que se traduce en máis de 50.000 persoas.
Por este motivo, segundo apuntou García, sobran os motivos para defender a consideración de Galicia como zona altamente dependente da pesca, o que implica que debe ter un trato diferenciado, constituíndo unha referencia clave no deseño da política pesqueira e que poida ser beneficiada con distintas medidas, como por exemplo, unha distribución preferente das posibilidades de pesca ou unha maior flexibilización do concepto de pesca artesanal. Do total da frota rexistrada en Galicia, 3.712 embarcacións correspóndense coas artes menores.
Trátase, en definitiva, concluíu a directora xeral, de que calquera regulación futura conxugue as tres dimensións que deben integrar calquera política pesqueira: mediambiental, económica e social.
Ponentes
Patricia García inauguraba así estas xornadas nas que se abordaron o principais retos do sector pesqueiro, e nas que tamén participaron o director xerente de Europeche, Daniel Voces, o subdirector xeral de Caladoiro Nacional e Augas Comunitarias de Segepesca, Juan Manuel Elices, a directora da Oficina Europea para a Conservación e o Desenvolvemento EBCD, Despina Symons, e o armador local, José Valle.