Gómez Caamaño avanza a licitación este ano do aparcadoiro que elevará a preto de 1.300 as prazas do Hospital Montecelo, case 400 delas gratuítas e as demais con tarifas asequibles

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Antes do verán o Executivo galego elevará ao Consello da Xunta a ocupación dos terreos, a aprobación do anteproxecto e a estrutura de custos do aparcadoiro
  • A Xunta vai achegar 3,5 millóns de euros á construción do aparcadoiro e 440.000 euros anuais para garantir a viabilidade da concesión e tarifas asequibles
  • Gómez Caamaño remarca que a Xunta está a poñer todo da súa man para garantir unha asistencia sanitaria de calidade e uns bos servizos públicos á cidadanía de Pontevedra, investindo preto de 200 M€ no novo hospital 
  • Lembra que facilitar o acceso da cidadanía aos servizos sanitarios é un obxectivo ao que todas as administracións poden contribuír, como de feito fan moitos municipios
  • Subliña que a implicación doutras administracións contribúe a obter o máximo rendemento social do grande esforzo que realiza a Xunta por mellorar cada día a sanidade pública galega 
Imagen del artículo Gómez Caamaño avanza a licitación este ano do aparcadoiro que elevará a preto de 1.300 as prazas do Hospital Montecelo, case 400 delas gratuítas e as demais con tarifas asequibles
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe no Parlamento de Galicia a licitación, este ano, do aparcadoiro que elevará a preto de 1.300 as prazas do Hospital Montecelo de Pontevedra, das que case 400 delas serán gratuítas e as demais terán tarifas asequibles.

O conselleiro detallou que antes do verán o seu departamento elevará ao Consello da Xunta a ocupación dos terreos, a aprobación do anteproxecto e a estrutura de custos do aparcadoiro, como paso previo á súa licitación neste 2025.

A construción do Novo Montecelo leva aparellada a dotación de 128 prazas de aparcamento gratuíto na zona de urxencias, que se sumarán ás 261 xa existentes. 

Paralelamente, o conselleiro subliñou que a Xunta traballa no impulso dese novo aparcadoiro de case 900 prazas con prezos asequibles, que elevará a case 1.300 os espazos de estacionamento seguro e ordenado á disposición dos usuarios e traballadores do hospital.

A primeira media hora do novo aparcadoiro será gratuíta e haberá bonos para traballadores e usuarios frecuentes. A Xunta vai achegar 3,5 millóns de euros á construción do aparcadoiro e 440.000 euros anuais para garantir a viabilidade da concesión e tarifas asequibles para os cidadáns. 

Hospital de referencia

Tal e como remarcou o conselleiro, o Novo Montecelo permitirá incrementar en 120 o número de camas e ofrecer o 60 % de habituacións individuais. Ademais, aumentará nun 92 % os postos de urxencia e en preto dun 50 % as prazas de hospital de día. Así mesmo, crearanse tres novos quirófanos, unha nova UCI pediátrica e 53 consultas máis.

Este novo hospital de rede sanitaria pública galega, que conta dun investimento de 200 millóns de euros entre obra e equipamento, suporá que os pacientes de cancro poidan recibir tratamentos de radioterapia en Pontevedra, en lugar de ter que desprazarse a Vigo, como ata agora.

Segundo indicou o conselleiro, será un hospital de referencia en Galicia que se porá ao servizo dunha poboación de 300.000 habitantes de 26 concellos co fin de ofrecerlles unha atención máis humana, con instalacións máis amplas e dotadas con tecnoloxía de última xeración.

Actualmente as obras do hospital atópanse na fase final da súa execución, próxima ao 90 %. De xeito paralelo estase a avanzar na contratación do equipamento. A previsión é comezar a atender pacientes a finais deste ano ou a comezos do seguinte.

Gómez Caamaño incidiu en que a Xunta está a poñer todo da súa man para garantir unha asistencia sanitaria de calidade e uns bos servizos públicos á cidadanía de Pontevedra.

Sinalou, en todo caso, que facilitar o acceso da cidadanía aos servizos sanitarios é un obxectivo ao que todas as administracións poden contribuír, como de feito fan moitos concellos, que ceden terreos para os centros de saúde, habilitan sistemas de transporte público ou facilitan prazas de aparcadoiro para os seus veciños. 

Neste sentido lembrou que o Concello de Pontevedra asinou no seu día un convenio de colaboración coa Xunta para facilitar a construción do Hospital Público Novo Montecelo. Tamén que grazas á implicación da Deputación Provincial de Pontevedra, o pasado ano entrou en servizo un novo acceso ao hospital, logo dun investimento de algo máis de 1 millón de euros. 

Resaltou, neste sentido, que a implicación doutras administracións contribúe a obter un maior rendemento social do grande esforzo que realiza a Xunta por mellorar cada día a sanidade galega. 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/05/2025
1011142 {"title":"Gómez Caamaño avanza a licitación este ano do aparcadoiro que elevará a preto de 1.300 as prazas do Hospital Montecelo, case 400 delas gratuítas e as demais con tarifas asequibles","published_date":"2025-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1011142"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-07/1011142-gomez-caamano-avanza-licitacion-ano-do-aparcadoiro-elevara-preto-1-300-as-prazas-do-hospital-montecelo-case-400-delas-gratuitas-e-as-demais-tarifas-asequibles https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.