A Xunta asegura que cumpre a normativa sobre vivendas de uso turístico e insta ao concello de Santiago e ao Goberno central a asumir as súas competencias neste ámbito

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes interveu no Parlamento de Galicia, onde lembrou que Galicia foi pioneira nesta regulación 
  • O Goberno galego lembra que os concellos deben comprobar se estes espazos cumpren a normativa municipal
  • O Executivo autonómico segue á espera de que o Goberno central lle remita a listaxe sobre supostas irregularidades na publicidade destes aloxamentos anunciada polo ministro de Consumo nun encontro coa alcaldesa de Santiago

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta cumpre co que  marca a lei sobre as vivendas de uso turístico (VUTs) e instou ao Concello de Santiago e ao Goberno central a asumir as súas competencias neste ámbito. Así o asegurou en contestación a unha pregunta sobre o incremento destes aloxamentos, na que lembrou ademais que Galicia xa foi pioneira na súa regulación, cun decreto do ano 2017, froito do diálogo coas distintas administracións e co sector, e que permite ofrecerlles seguridade xurídica a propietarios e usuarios.

Neste marco legal, Diego Calvo sinalou que os concellos e as comunidades de veciños teñen potestade para exercer as súas competencias na regulación das vivendas de uso turístico. Así, as administracións locais "son as encargadas de comprobar se unha determinada vivenda cumpre a normativa municipal e, de non cumprila, de comunicarllo a Turismo de Galicia para que proceda, se é o caso, ao expediente de baixa para garantir a seguridade xurídica", engadiu.

Incidiu ademais en que a Xunta vela pola regularidade do sector turístico para garantir un servizo de calidade. Deste xeito, Turismo de Galicia leva a cabo inspeccións e colabora cos concellos, actuando sempre que estes notifican que a actividade é contraria ao plan urbanístico ou carece do título habilitante municipal no caso de que ese concello o esixa.

Na súa intervención, o conselleiro referiuse tamén ao encontro mantido pola alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, co ministro  de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2023, Pablo Bustinduy, do que a Xunta non tivo comunicación e no que se anunciou a existencia dunha listaxe de suposta publicidade ilícita por parte de propietarios de vivendas de uso turístico da comunidade. Segundo Diego Calvo, o Goberno galego segue á espera desta información para poder realizar as comprobacións necesarias e garantir así os dereitos de todos os implicados. 

Nesta liña, a Xunta considera esta actitude totalmente oportunista e populista e por iso, o conselleiro solicitou de novo a documentación anunciada ante os medios de comunicación, onde conste os datos e motivos específicos para poder actuar coa contundencia e seguridade xurídica que caracteriza a actuación do Executivo autonómico.

Cómpre lembrar que as declaracións do ministro se produciron xusto antes dunha ponte e nun momento que puideron afectar ás reservas por parte dos posibles visitantes á comunidade galega. Neste sentido, o Goberno galego considera que estas manifestacións foron unha irresponsabilidade ao crear e alarma co obxectivo de buscar máis un rendemento mediático e debilitar un sector que está a reportar importantes beneficios para Galicia, repartindo riqueza por todo o territorio ao longo de todo o ano, e xerando unha actividade produtiva que representa máis do 10% do PIB que dá emprego a 130.000 persoas.

De feito, a comparecencia do ministro o pasado 25 de abril ante os medios de comunicación para denunciar a existencia dunha relación de vivendas de uso turístico que non cumpría a normativa vixente só serviu para xerar alarma e inseguridade ante os usuarios e posibles clientes. Nesta liña, a Xunta lamenta que non se dirixise directamente á Administración autonómica con competencias exclusivas en materia de turismo e optase polos medios de comunicación para dar conta da seriedade dunha realidade que considerou grave e descontrolada.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/05/2025
1011141 {"title":"A Xunta asegura que cumpre a normativa sobre vivendas de uso turístico e insta ao concello de Santiago e ao Goberno central a asumir as súas competencias neste ámbito","published_date":"2025-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1696626\/20250507PlenoParlamentoVUTs+%281%29.jpg","id":"1011141"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-07/1011141-xunta-asegura-cumpre-normativa-vivendas-uso-turistico-e-insta-ao-concello-santiago-e-ao-goberno-central-asumir-as-suas-competencias-neste-ambito https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.