Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e o máis húmido dos últimos seis anos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O avance do informe mensual de MeteoGalicia conclúe que, durante este período, as precipitacións na Comunidade foron un 64% superiores ao valor climático normal
  • O mes pasado caracterizouse pola alternancia entre situacións anticiclónicas secas e con altas temperaturas coa entrada de varias borrascas frías e activas

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido, que foi, ademais, o máis húmido dos últimos seis anos. De feito, as precipitacións rexistradas no conxunto do territorio superaron nun 64% os valores que habitualmente se recollen nesta época do ano.

Segundo o avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, a chuvia media acumulada durante as últimas catro semanas foi de 188 litros por metro cadrado (l/m2), un rexistro que reflicte que as precipitacións recollidas no conxunto da Comunidade estiveron bastante por riba do que cabería agardar en abril.

En canto á temperatura media, os termómetros estiveron, en xeral, por riba dos valores habituais neste mes e no conxunto de Galicia houbo unha anomalía positiva de 2 graos con respecto ao período climático de referencia 1981-2010. En todo caso, tendo en conta os valores rexistrados nas estacións meteorolóxicas máis representativas, a situación non foi tan excepcional en comparación cos últimos anos, xa que tan só hai que remontarse a 2023 para atopar un abril aínda máis caloroso na Comunidade.

En xeral, este mes de abril tivo un comportamento na comunidade galega que se afastou moito dos valores climáticos habituais, destacando especialmente no caso da temperatura media.

Así mesmo, o período caracterizouse pola alternancia entre situacións anticiclónicas secas e con altas temperaturas coa entrada de varias borrascas frías e activas, unha situación moi característica dun mes de transición como este. Así, Galicia comezou abril baixo a influencia anticiclónica coa que rematara marzo pero a partir do día 2 viuse afectada pola borrasca Nuria, alternándose desde ese momento os períodos de tempo estable con novas frontes e fenómenos tormentosos.

Por áreas xeográficas, as precipitacións acumuladas durante os 30 días analizados no informe presentan unha distribución irregular dentro de cada provincia, acadándose a porcentaxe máis alta no centro da de Lugo e no sur da de Ourense, con valores entre un 120% e un 160% superiores ao normal.

Pola contra, os rexistros de chuvia máis baixos concentráronse no extremo norte da Comunidade, concretamente no litoral das Rías Altas e na Mariña lucense, onde se chegou a contabilizar ata a metade de chuvia esperada.

Por outra banda, a temperatura media estivo no conxunto de Galicia por riba do que cabería agardar nesta época do ano grazas ao predominio das situacións anticiclónicas. Por zonas, as anomalías máis altas das temperaturas medias (de entre 2,9 e 3,4 graos) concentráronse especialmente en áreas montañosas do leste da Comunidade pero tamén en zonas illadas do norte da provincia da Coruña; mentres que os valores máis baixos (con desviacións de 1,2 e 1,6 graos por riba dos valores da serie de referencia) se localizaron no sur das provincias de Ourense e de Pontevedra.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/05/2025
1010174 {"title":"Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e o máis húmido dos últimos seis anos","published_date":"2025-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/178663-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1010174"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-07/1010174-galicia-rexistrou-mes-abril-moi-calido-e-mais-humido-dos-ultimos-seis-anos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.