Galicia terá este ano 108 praias con bandeira azul e consolídase como a terceira comunidade autónoma con máis galardóns

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) tamén recoñece un total de 12 portos deportivos galegos, 1 deles de nova incorporación, e 17 centros de interpretación e aulas da natureza, dos cales 2 reciben a insignia por primeira vez
  • O municipio pontevedrés de Sanxenxo volve liderar un ano máis a clasificación nacional de praias galardoadas, cun total de 17, seguido de Vigo, con 12 areais
  • Ángeles Vázquez salienta a boa posición de Galicia un ano máis, que reflicte a súa aposta polo coidado ambiental e por dar a coñecer os recursos naturais do litoral
  • A comunidade lucirá en 2025 un total de 191 distintivos, 2 máis que o ano pasado, que recoñecerán a calidade das súas praias, áreas portuarias, instalacións para a atención de visitantes e sendas, só por detrás de Valencia (213) e Andalucía (196)

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

Galicia terá este ano un total de 108 praias en 35 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Deste xeito, Galicia concentra case unha de cada seis bandeiras concedidas en España (642) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 143) e Andalucía (138).

Dos 108 areais galegos galardoados na presente edición, cómpre subliñar que O Mende, en Vigo, recibe este distintivo por primeira vez. Ademais, outros dous —Grande, en Miño, e San Francisco, en Muros— recuperan este ano a bandeira que non luciron en 2024.

Así mesmo, Adeac tamén deu a coñecer esta mañá a relación de portos deportivos nos que ondeará a bandeira azul. Das 101 instalacións recoñecidas no conxunto do país, 12 están en Galicia, unha máis que na pasada edición, xa que entra na listaxe o Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo), un porto que, ademais, se estrea entre os galardoados.

De igual xeito e aínda que neste caso non lucirán bandeira como tal, Adeac recoñeceu un ano máis o labor dos chamados centros azuis, categoría na que se engloban aulas de natureza e de mar, centros de recepción de visitantes e instalacións similares dedicadas á educación ambiental en municipios relacionados co programa Bandeira Azul. Dos 92 centros azuis que haberá este ano en todo o país, 17 están en Galicia, que é a segunda comunidade con máis distincións neste eido, só por detrás de Valencia (con 23).

Neste apartado, destaca a incorporación do Museo-Centro de interpretación Mar do Sorrizo, en Arteixo, e do visor submarino Nautilus, localizado nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo, xa que se estrean en ambos casos como centros azuis.

Cómpre subliñar que os criterios esixidos por Adeac para a concesión da bandeira azul, no caso de praias e portos, están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade. Pola súa parte, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.

Tras darse a coñecer hoxe a relación de praias, portos e centros galardoados, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou a boa posición que ocupa Galicia un ano máis, resultado da súa aposta polo coidado dos recursos naturais do litoral, que a converten "nun lugar único" para visitar.

Datos a nivel provincial

Por provincias, Pontevedra concentra un ano máis o maior número de bandeiras azuis de Galicia, concretamente 53 que recaen noutras tantas praias e 7 en instalacións portuarias. No caso da Coruña, os galardoados foron 39 areais e 4 portos e no de Lugo, recoñeceuse con este distintivo a 16 praias e 1 porto deportivo.

Sanxenxo volve repetir como o municipio español con máis areais galardoados, un total de 17, os mesmos que en 2024. O concello pontevedrés recibe, ademais, 3 distincións para outros tantos portos e terá tamén 1 centro azul. Ademais, cómpre subliñar o caso de Vigo, a cidade galega que recibe máis bandeiras para as súas praias (12) e o segundo municipio de España nesta clasificación, ademais de ter tamén 1 porto e 1 centro recoñecidos; e o de Baiona, con 6 praias, 1 área portuaria e 1 centro azul.

Así mesmo, na provincia da Coruña, Arteixo volve concentrar o maior número de bandeiras, con 6 praias e 1 centro azul; seguido da Coruña —5 areais e 1 porto—, Oleiros —5 praias distinguidas ademais de 2 centros azuis— e Ferrol —con 5 bandeiras azuis—. Por último, Foz é o concello lucense con máis areais galardoados, 5 en total; seguido de Burela, con 2 praias e 2 centros azuis; Ribadeo, que suma 2 praias con bandeira e o único porto distinguido nesta provincia; e Barreiros e O Vicedo, con 2 areais cada un.

Por último e con relación aos chamados sendeiros azuis, cómpre precisar que, por cuarto ano consecutivo, Adeac convocou estes distintivos no marco dun programa independente ao de Bandeira Azul co que se busca poñer en valor o papel das sendas como un recurso valioso para gozar da natureza e aprender a interpretar a contorna. Galicia concentra 54 dos 154 itinerarios galardoados este ano en todo o país —cinco máis que os que tiña en 2024— e segue sendo a comunidade con máis sendeiros azuis.

En total e sumando praias, portos, centros de visitantes e sendeiros distinguidos por Adeac, Galicia atesoura 191 galardóns, balance que a sitúa como a terceira comunidade que concentra máis recoñecementos, por detrás de Valencia (213) e Andalucía (196).

A continuación detállanse os galardóns concedidos en 2025 en Galicia no marco do programa Bandeira Azul, diferenciando entre praias, portos e centros azuis e resaltando cun * aqueles que o reciben por primeira vez.

PRAIAS CON BANDEIRA AZUL 2025

PROVINCIA DA CORUÑA

16 concellos / 39 areais

A Coruña

As Lapas

Orzán-Matadero

Oza

Riazor

San Amaro

A Laracha

Caión

A Pobra do Caramiñal

Lombiña-Cabío

Arteixo

A Salsa (Repibelo)

Barrañán

Combouzas

Porto de Suevos

Sabón

Valcovo

As Pontes de García Rodríguez

Lago das Pontes

Bergondo

Gandarío

Camariñas

Arou

Carballo

Pedra do Sal

Razo

Saíñas

Dumbría

O Ézaro

Ferrol

A Fragata-O Pareixal

Caranza

Doniños

Esmelle

San Xurxo

Laxe

Laxe

Malpica de Bergantiños

Area Maior

Miño

A Ribeira

Grande

Perbes-Andahío

Muros

San Francisco

Oleiros

Bastiagueiro

Espiñeiro

Mera

Naval

Santa Cristina

Ponteceso

A Ermida

Balarés

O Osmo

 

PROVINCIA DE LUGO

8 concellos / 16 areais

Barreiros

Coto

Fontela Valea

Burela

A Marosa

O Portelo

Cervo

O Torno

Foz

A Rapadoira

Areoura

As Polas

Llas

Peizás

O Vicedo

Abrela

Xilloi

Ribadeo

As Catedrais

Os Castros-Illas

Viveiro

Area

Xove

Esteiro

 

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

11 concellos / 53 areais

A Guarda

Area Grande

O Muíño

A Illa de Arousa

Area da Secada

Bao (Camaxe)

Baiona

Barbeira

Concheira

Frades

Ladeira

Ribeira

Santa Marta

Bueu

Area de Bon

Lagos

Lapamán

Portomaior

Marín

Aguete

Mogor

Portocelo

Santo do Mar-A Coviña

Moaña

O Con

Poio

Cabeceira

Xiorto

Ponte Caldelas

A Calzada (praia fluvial)

Sanxenxo

A Lapa

Agra

Areas

Areas Gordas

Baltar

Bascuas

Canelas

Caneliñas

Foxos

Major

Montalvo

Nosa Señora da Lanzada

O Espiñeiro

Panadeira

Paxariñas

Pragueira

Silgar

Vigo

Argazada

A Fontaíña

A Punta

Canido

Carril

Fortiñón

O Adro

O Mende *

O Vao

Rodas (Illas Cíes)

Santa Baia

Tombo do Gato

Vilagarcía de Arousa

Campanario

Compostela

     

 

PORTOS CON BANDEIRA AZUL 2025

A Coruña

A Coruña

Real Club Náutico A Coruña-Marina Real

Sada

Club Náutico Sada

Porto Deportivo Sadamar

Porto do Son

Real Club Náutico de Portosín

Lugo

Ribadeo

Porto Deportivo de Ribadeo

Pontevedra

Baiona

Monte Real Club de Iates de Baiona

Cangas

Porto Deportivo Cangas (Real Club Náutico Rodeira)

O Grove

Porto Deportivo Pedras Negras

Sanxenxo

Real Club Náutico Sanxenxo

Club Náutico Portonovo

Porto Deportivo Juan Carlos I

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas *

 

 

CENTROS AZUIS 2025

A Coruña

A Laracha

Centro de interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte Golmar

Arteixo

Museo-Centro de interpretación Mar de Sorrizo *

Camariñas

Centro de visitantes do Faro de Cabo Vilán

Museo Man de Camelle

Oleiros

Aula do Mar do centro de interpretación do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

CEIDA: Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

Lugo

Burela

Centro de Educación Medioambiental Gaia

Barco Museo Reina del Carmen

Pontevedra

A Illa de Arousa

Centro de interpretación da Conserva

Baiona

Centro de interpretación ambiental Foz do Miñor

Bueu

Aula de Natureza Cabo Udra

Centro de interpretación do litoral de Agrelo

Estaleiro de Purro

Marín

Centro de interpretación dos petróglifos de Mogor

Poio

Casa Museo de Colón

Sanxenxo

Centro de interpretación As Telleiras (en obras)

 

Vigo

Visor submarino Nautilus *

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/05/2025
1010173 {"title":"Galicia terá este ano 108 praias con bandeira azul e consolídase como a terceira comunidade autónoma con máis galardóns","published_date":"2025-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/178663-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1010173"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-07/1010173-galicia-tera-ano-108-praias-bandeira-azul-e-consolidase-como-terceira-comunidade-autonoma-mais-galardons https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.