A Xunta valora a achega de empresas como Vall Companys á dinamización do rural galego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, recibiu hoxe a responsables do grupo, considerado como o primeiro do sector agroalimentario en España

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe un encontro de traballo con responsables da empresa Vall Companys.
Na xuntanza avaliáronse posibles vías de colaboración para impulsar diferentes proxectos empresariais por parte desta compañía, que conta na nosa comunidade con instalacións de referencia no sector, caso de Avícola de Galicia (Avigal). Ambas partes coinciden en valorar a achega deste tipo de industrias á dinamización económica do rural galego e na oportunidade de cooperar a prol do seu desenvolvemento.
Vall Companys é o primeiro grupo empresarial agroalimentario de España. Está formado por máis de 55 empresas que abarcan todas as fases da cadea de valor, ten presenza en 12 comunidades autónomas e dispón de 2.600 granxas asociadas e de máis de 14.000 colaboradores. En Galicia xera máis de 800 empregos directos nas catro provincias, con dúas compañías dedicadas ao sector avícola e cunícola, incluíndo todo o ciclo produtivo e a elaboración de pensos para súa alimentación, Avigal e Sada.