A Xunta presenta en Murcia o modelo de éxito da Formación Profesional galega
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de FP subliña o obxectivo de que o 100 % dos rapaces se forme logo de rematar o ensino obrigatorio e que o faga, polo menos, ata cumprir os 18 anos

Alcantarilla (Murcia), 6 de maio de 2025
A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participou hoxe en Murcia no VII Encontro Nacional de Formación Profesional baixo o título Next Level: F+P, da Formación á Profesión, onde puxo en valor o modelo galego destas ensinanzas como un exemplo de innovación, adaptación e colaboración entre centros educativos e empresas ante os retos do sector.
Durante a súa participación na mesa redonda A Lei de FP: análise e estratexias para a superación dos seus desafíos, a representante da Xunta de Galicia subliñou que na nosa Comunidade se fomenta unha colaboración activa entre centros formativos e o tecido empresarial para impulsar proxectos conxuntos que responden a necesidades reais do mercado laboral e melloran as oportunidades de inserción laboral do alumnado. "Queremos amosar aos compañeiros doutras autonomía o traballo que se está a desenvolver no ámbito da I+D+i dentro da FP na en Galicia", destacou.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP explicou tamén o Plan FPGal330 de orientación profesional integral, que inclúe un conxunto de medidas para favorecer a permanencia do alumnado no sistema educativo ata, como mínimo, os 18 anos co obxectivo de que o 100% dos rapaces siga formándose logo de rematar o ensino obrigatorio. Nel inclúese aspectos como o reforzo da FP Básica e o desenvolvemento de programas de orientación vocacional, así como accións específicas dirixidas a colectivos concretos, como a mocidade estranxeira ou as persoas con discapacidade, entre outros.
VII Encontro Nacional de Formación Profesional
No congreso tamén participaron o presidente da Rexión de Murcia, así como os directores xerais de Formación Profesional de Cantabria, Estremadura, Murcia e Madrid, xunto con orientadores, docentes e profesorado universitario. A xornada centrouse na análise de estratexias para afrontar os retos actuais de FP e reforzar a súa capacidade de resposta ante os cambios sociais e económicos, así como na loita contra o abandono escolar, a ampla oferta formativa e laboral da FP ou as posibilidades de internacionalización.