Gómez Caamaño salienta o potencial investigador do estudantado galego que afondou no sistema nervioso a través do programa 'Reimaxina a Ciencia'

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O alumnado do IES do Castro de Vigo resultou gañador nesta terceira edición cunha peza audiovisual 'Vigo news. Noticias científicas'
  • Os estudantes do IES de Pontepedriña (Santiago de Compostela) e o IES de Mos recibiron o segundo premio do certame ex aequo
  • Os traballos realizados polo IES Monelos (A Coruña); o IES San Tomé de Freixeiro (Vigo); e o IES Eusebio da Guarda (A Coruña) tamén acadaron a fase final de 'Reimaxina a Ciencia'
  • Neste 2025, un total de 1.356 alumnos de 22 centros educativos participaron nas actividades desta iniciativa que busca espertar o interese científico entre a mocidade

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, acompañado do xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, Antonio Fernández-Campa, clausurou esta mañá o acto de entrega de premios da terceira edición do programa Reimaxina a Ciencia, no que resultou gañador o traballo Vigo news. Noticias científicas, elaborado polo alumnado do IES do Castro de Vigo.

Os estudantes do IES de Pontepedriña (Santiago de Compostela) e do IES de Mos tamén foron protagonistas nesta edición ao recibir o segundo premio do certame ex aequo . O conxunto de centros finalistas completouse cos traballos polos alumnos do IES Monelos (A Coruña); o IES San Tomé de Freixeiro (Vigo); e o IES Eusebio da Guarda (A Coruña).

Na súa intervención, o conselleiro de Sanidade salientou o potencial investigador do estudantado galego, que afondou no sistema nervioso a través deste programa divulgativo. Ademais, valorou a calidade dos traballos presentados e convidou aos estudantes a formarse nas diferentes especialidades científicas para nutrir Galicia de novos talentos investigadores.

Reimaxina a Ciencia é un programa destinado a levar á aula os contidos máis relevantes sobre como a investigación científica afronta as enfermidades a través da aprendizaxe baseada en proxectos. Para darlle continuidade ás actividades organizadas con motivo do Ano Ramón y Cajal, nesta edición convidouse aos participantes a abordar a investigación científica en enfermidades relacionadas co sistema nervioso. Así, o alumnado participante xerou pezas artísticas audiovisuais vencelladas ao ámbito científico en forma de videoclips musicais, sketchs, monólogos, animacións, etc...

Neste 2025, un total de 1.356 alumnos de 22 centros educativos participaron nas actividades desta iniciativa que busca espertar o interese científico entre a mocidade.

Desde o seu inicio en 2020, o programa Reimaxina a Ciencia contou coa participación de máis de 2.500 alumnos galegos, pertencentes a 62 centros educativos.

Reimaxina a Ciencia é unha iniciativa creada por Novartis e Big Van Ciencia, xunto á Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), a Fundación Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur, a Fundación Galega de Investigación Biomédica (INIBIC) e a Fundación Galega de Investigación Sanitaria (IDIS).

Cada un dos integrantes do equipo gañador foron premiados cun kit de accesorios para fotografía e vídeo, ademais dun set de libros destinados á biblioteca do seu centro educativo, co ánimo de impulsar novas vocacións científicas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/05/2025
1009905 {"title":"Gómez Caamaño salienta o potencial investigador do estudantado galego que afondou no sistema nervioso a través do programa 'Reimaxina a Ciencia'","published_date":"2025-05-06","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/178423-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1009905"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-06/1009905-gomez-caamano-salienta-potencial-investigador-do-estudantado-galego-afondou-sistema-nervioso-traves-do-programa-reimaxina-ciencia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.