A Xunta de Galicia renova as luminarias dos peiraos deportivo, comercial e pesqueiro do porto de Sada con tecnoloxía LED de control telemático
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro do Mar comprobou o desenvolvemento da obra nas instalacións sadenses nas que se inicia unha actuación cun investimento total de 3 millóns de euros que se estenderá a unha trintena de peiraos autonómicos

Sada (A Coruña), 5 de maio de 2025
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten en proceso de renovación o sistema de alumeado público dos peiraos deportivo, comercial e pesqueiro do porto de Sada, na provincia da Coruña. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe os traballos cos que se inicia unha actuación global que se estenderá a unha trintena de peiraos autonómicos cun investimento por parte da Xunta de Galicia de 3 millóns de euros.
Villares, que estivo acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, explicou que este traballos supoñen a substitución da luminarias tradicionais por tecnoloxía LED de alta prestación e control telemático de modo que se dota aos portos galegos de sistemas de alumeado exterior sustentable. Con esta tecnoloxía modernízase o alumeado exterior dos portos, reducindo o consumo enerxético.
En concreto no porto de Sada, estase a actuar sobre 81 luminarias e proxectores dos peiraos deportivo, comercial e pesqueiro para a súa renovación, incluíndo a retirada das instalacións existentes, substitución polos novos equipos LED, así como a dotación de sistemas de telexestión. O investimento neste porto é de 60.000 euros.
O obxectivo principal destes traballos é reducir a contaminación ambiental e luminosa nos espazos portuarios, co apoio dun sistema de control remoto das luminarias. Así, aportarase maior comodidade visual aos seus traballadores e usuarios ademais de procurar ese aforro enerxético estimado do 60%.
Con este obxectivo, implántase tecnoloxía LED con equipos de altas prestacións deseñados especialmente para traballar en espazos portuarios pola súa durabilidade en ambientes mariños e condicións climáticas adversas. Ademais, incrementarase a protección contra sobretensións.