A Xunta dá a coñecer apoios á I+D+i en Galicia a través de convocatorias estatais e autonómicas neste 2025
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Consellería de Ciencia e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación presentan a empresas do sector liñas como Innterconecta Step ou Nexos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP celebrou esta mañá na Axencia Galega de Innovación unha xornada anual dirixida a empresas para presentar as liñas de financiamento da I+D+i da Xunta de Galicia e do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) Innovación.
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destacou a excelente colaboración entre ambas entidades no ámbito da promoción, a difusión e o fomento da I+D+i en Galicia, así como a complementariedade entre os instrumentos de apoio de sendos organismos co obxectivo de aumentar a eficacia e eficiencia do financiamento público da I+D+i. Neste sentido, puxo de exemplo destas sinerxías o instrumento de recuperación dos proxectos aprobados pola convocatoria estatal Neotec, pero que non obteñen financiamento por esgotamento do crédito. Desde 2021, téñense apoiado 28 proxectos a través desta liña cunha axuda pública de preto de 7M€. Así mesmo, no marco do novo Plan galego de investigación e innovación 25-27, a directora confirmou que se dará continuidade a esta liña de axudas, así como novos apoios aliñados cos instrumentos de CDTI, como a convocatoria Nexos, que financiará proxectos de I+D+i en cooperación entre empresas.
Pola súa banda, Pilar González, xefa do Departamento de Promoción Institucional e Cooperación Territorial do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI), explicou as principais liñas de apoio á I+D+i empresarial do órgano estatal, centrándose nas convocatorias Innterconecta Step e Neotec, cuxas convocatorias están publicadas, e en Misiones Ciencia e Innovación, que se convocará durante o mes de maio.
Interconnecta Step, Neotec e Nexos
A Consellería de Ciencia adiantou algunhas das características da futura convocatoria Nexos, dotada con 24 millóns de euros cofinanciados con fondos FEDER 21-27 e dirixida a apoiar proxectos de I+D+i en cooperación entre empresas. A súa publicación está prevista para comezos do verán. Ademais desta liña de axudas, explicáronse outras convocatorias abertas como Ignicia ou de próxima publicación como Unidades Mixtas de Investigación ou infraestruturas de centros tecnolóxicos.
Pola súa banda, CDTI Innovación ten aberta ata o 19 de maio a convocatoria Innterconecta Step, dotada con 90M€ e dirixida a financiar proxectos de I+D en cooperación, liderados por empresas, que se desenvolvan nun dos ámbitos tecnolóxicos STEP: tecnoloxías dixitais; tecnoloxías limpas e eficientes no uso dos recursos; ou biotecnoloxías.
Tamén o vindeiro 12 de maio abrirá o prazo de solicitude das axudas Neotec de CDTI, dotada con 20M€ para apoiar a creación de empresas de base tecnolóxica con vocación de crecemento, contribuír ao emprendemento e acelerar a transferencia de coñecemento desde organismos de investigación públicos e universidades. Neste sentido, o Goberno galego convocará no mes de xuño a liña de axudas de recuperación de excelencia Neotec, dotada con 3 millóns de euros cofinanciados con fondos FEDER 21-27, para recuperar aqueles proxectos presentados ás convocatorias de 2023 e 2024 deste programa que obtiveron boa puntuación pero non puideron ser financiadas por esgotamento do crédito.