Galicia avoga por situar a pesca e a acuicultura como piares centrais do Pacto Europeo dos Océanos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Nun evento no Comité Europeo das Rexións en Bruxelas, a directora do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, Rosa Chapela Pérez, defende que estes sectores son aliados esenciais para garantir o equilibrio e a sostibilidade dos mares 
Imagen del artículo Galicia avoga por situar a pesca e a acuicultura como piares centrais do Pacto Europeo dos Océanos
Vigo, 05 de maio de 2025

Galicia ratificou hoxe o seu apoio pleno ao Pacto Europeo dos Océanos como plataforma fundamental para unificar a súa gobernanza e aliñar a protección do medio ambiente co seu uso sostible, e avogou pola integración plena da pesca e da acuicultura como piares centrais dese acordo.

Durante un evento no Comité Europeo das Rexións celebrado en Bruxelas este mediodía, a directora-xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, Rosa Chapela Pérez, defendeu que os sectores pesqueiro e acuícola sostibles "non representan unha ameaza para a saúde dos nosos océanos". Polo contrario, afirmou, "son aliados esenciais para manter o seu equilibrio".

A responsable do Cetmar interveu en representación da Consellería do Mar nunha xornada de alto nivel organizada pola Oficina Europea para a Conservación e o Desenvolvemento en colaboración co Comité Económico e Social Europeo. O seu obxectivo era explorar como o vindeiro Pacto Europeo polos Océanos contribuirá á sostibilidade global destes, isto na antesala da terceira Conferencia das Nacións Unidas sobre os Océanos (UNOC-3), que terá lugar en Niza no mes de xuño.

Neste marco, Rosa Chapela insistiu na importancia de que o devandito pacto recoñeza e apoie á pesca artesanal e a pequena escala, ao marisqueo e a acuicultura sostibles como factores "clave" que contribúen á resiliencia costeira, á seguridade alimentaria e ao patrimonio cultural, recoñecendo ademais o seu papel no cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 14 (ODS), a resiliencia climática e a soberanía alimentaria.

Na súa intervención, a directora do Cetmar fixo un repaso ás aportacións de Galicia ao Pacto Europeo para os Océanos, que resumiu en catro piares básicos: "unha gobernanza sólida e unha planificación espacial marítima integrada; na gobernanza do océano centrada nas persoas; sistemas alimentarios azuis sostibles e inclusivos e inversión en ciencia, innovación e desenvolvemento de capacidades".

Recordou que Galicia colabora estreitamente co Goberno español cara unha planificación espacial marítima que garanta un equilibrio xusto entre todos os usos do océano, unha visión integrada que, afirmou, "minimiza os conflitos e maximiza as sinerxías" e defendeu o mar coma un piar cultural, social e económico. "Avogamos por un Pacto que sitúe ás comunidades costeiras no centro, garantindo o traballo decente, o relevo xeracional e o recoñecemento do papel das mulleres na economía azul".

Neste punto, a directora do Cetmar referiuse aos Grupos de Acción Local de Pesca (GALP) que forman parte dunha rede europea máis ampla e que, apuntou, "ofrecen un modelo probado de gobernanza comunitaria de abaixo a arriba" e que, engadiu, "poden axudar a por en marcha este Pacto sobre o terreo".

Aliñar o crecemento da economía azul coa acción climática, garantir un acceso equitativo á financiación e a formulación de políticas da Unión Europea para rexións costeiras como Galicia ou investir en ciencia, innovación e formación para apoiar á xestión e a resiliencia dun océano cambiante foron outros dos compromisos suxeridos por Galicia para a súa inclusión explícita no Pacto para os Océanos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/05/2025
1008825 {"title":"Galicia avoga por situar a pesca e a acuicultura como piares centrais do Pacto Europeo dos Océanos","published_date":"2025-05-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1008825"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-05/1008825-galicia-avoga-situar-pesca-e-acuicultura-como-piares-centrais-do-pacto-europeo-dos-oceanos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.