A delegación territorial da Xunta acolle ata o 31 de maio a exposición 'Imaxes', da pintora Isabel Vázquez
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 5 de maio de 2025
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle ata o 31 de maio a exposición Imaxes, formada por 37 pinturas ao óleo realizadas pola taboadesa Isabel Vázquez nos últimos dous anos.
Na inauguración participou o delegado territorial, Javier Arias, e a propia artista, entre outras persoas. As obras que compoñen a mostra plasman a paixón da autora pola danza e polos animais. Tamén están presentes outros elementos que a inspiran, como a auga; xunto con retratos de persoas próximas a ela ou de personaxes que lle interesan.
Vázquez é unha pintora autodidacta que retomou a súa afección polo debuxo durante a pandemia. Ten Sensibilidade Química Múltiple, o que a condiciona no exercicio da pintura e da súa profesión de veterinaria, xa que lle impide a exposición a determinados produtos.
A mostra pode visitarse na Sala de Exposicións da Delegación Territorial de luns a venres, de 9,00 a 20,00 horas; e os sábados pola mañá, de 9,00 a 13,30.