A Xunta licita por máis de 9,1 M€ o contrato para a conservación e o mantemento das autoestradas autonómicas AG-53 e AG-54 nos vindeiros 4 anos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Tratase de seguir garantindo os traballos de conservación ordinaria e de vialidade na autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54)
- Este novo contrato supón un incremento do 18,7% máis que o importe de licitación da anterior contratación, realizada no ano 2021 para o período 2021-2025.
- As empresas interesadas en levar a cabo estas actuacións poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 4 de xuño
- O contrato inclúe as actuacións destinadas a garantir a circulación dos vehículos nesta vía en condicións axeitadas de seguridade e fluidez
- O programa tamén abrangue os labores de conservación para manter en boas condicións os elementos da vía e corrixir carencias que dificulten a funcionalidade

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2025
A Xunta vén de licitar por importe de 9.101.782 euros o contrato de conservación e mantemento das autoestradas Dozón-Ourense (AG-53) e do seu ramal cara ao Carballiño (AG-54) para os vindeiros 4 anos. Nesta licitación está prevista a posibilidade de ampliación do contrato por 1 ano adicional.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación deste servizo que inclúe as tarefas de conservación ordinaria e de vialidade invernal nestas vías de alta capacidade de titularidade autonómica.
Este novo contrato supón un incremento do 18,7% máis que o importe de licitación da anterior contratación, realizada no ano 2021 para o período 2021-2025.
As empresas interesadas en desenvolver este contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 4 de xuño.
Os traballos a realizar polo adxudicatario contemplan tarefas de vialidade destinadas a facilitar a circulación dos vehículos nesta vía en condicións axeitadas de seguridade e fluidez.
O contrato tamén abrangue as actividades de conservación ordinaria dirixidas a manter en boas condicións as características funcionais ou estruturais dos elementos da estrada e a corrixir os impactos negativos que poidan dificultar a correcta realización da súa función.
Ademais, a empresa adxudicataria deberá realizar as actividades de conservación extraordinaria destinadas a pór en situación inicial as características dos elementos da estrada, ou no seu caso, a mellorar os estándares iniciais.
Cómpre destacar entre as actividade de conservación extraordinaria que se está previsto realizar neste novo contrato, a renovación de cerramento das vías, que se fará segundo necesidade, tras unha revisión exhaustiva do estado da actual.
Ademais, está previsto renovar a planta de fabricación de salmoira, a instalación dun novo silo para vialidade invernal no Alto de San Martiño, a instalación dun novo silo para sal para vialidade invernal, e a realización de revisións exhaustivas e reparacións, ou substitucións, de pantallas acústicas, de pantalla antivandálicas e dos marcos de delimitación da zona de dominio público, segundo se detecten deficiencias.