CETMAR colabora cos Grupos de Coordinación Rexional Europeos no deseño de ferramentas innovadoras para mellorar a xestión dos datos pesqueiros na UE

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O desenvolvemento destes novos servizos tecnolóxicos lévase a cabo no marco do proxecto Secweb 2.0, financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura
  • O Centro Tecnolóxico do Mar é responsable da secretaría que presta apoio administrativo a estes grupos desde o ano 2023
Imagen del artículo CETMAR colabora cos Grupos de Coordinación Rexional Europeos no deseño de ferramentas innovadoras para mellorar a xestión dos datos pesqueiros na UE

Vigo, 3 de maio de 2025.- O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR e os Grupos de Coordinación Rexional europeos (RCGs, polas súas siglas en inglés) están traballando conxuntamente no deseño e desenvolvemento de ferramentas e servizos innovadores que melloren o funcionamento destes grupos, responsables da recollida e xestión dos datos das pesqueiras na Unión Europea.

 

Como responsable da secretaría que presta apoio aos RCGs (Regional Coordination Groups), e no marco do proxecto Secweb 2.0, que financia o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura, a institución galega, dependente da Consellería do Mar, está liderando este proceso, que se iniciaba cunha enquisa aos expertos que conforman estes grupos para coñecer as súas demandas de mellora.

 

Tendo en conta os resultados desa consulta acordouse o desenvolvemento dunha serie de ferramentas e contidos, como unha plataforma para a xestión de recomendacións e decisións, un sistema de rexistro de eventos ou un calendario e unha biblioteca electrónicos, ademais da mellora e actualización do sitio web dos Grupos de Coordinación Rexional e da base de datos das partes interesadas.

O deseño e posta en práctica destas accións foi debatido xa na primeira reunión de co-deseño, que reuniu a 17 representantes dos seis grupos e dos subgrupos e aos puntos focais nacionais, e na que se abordaron os contidos da plataforma para a xestión de recomendacións e decisións, que permitirá facer seguimento das mesmas mais aló do encontro que anualmente celebran os RCGs.

CETMAR abordará cos grupos en vindeiras reunións os contidos doutras ferramentas como o calendario ou o novo sistema de rexistro de eventos, ou da biblioteca virtual, decidindo de común acordo a información a compartir, o xeito de mostrala ou o sistema de acceso, entre outras características.

Trátase dun proceso de deseño cooperativo, continuo e aberto, liderado polo Cetmar, que irá presentando os avances ata o desenvolvemento final destas novas ferramentas, coas que se pretende facilitar o día a día no traballo dos Grupos de Coordinación Rexional.

A área de Promoción e Transferencia de Tecnoloxía do Centro Tecnolóxico do Mar asiste desde 2023 aos RCGs e préstalles  apoio nos procedementos organizativos e de comunicación dos grupos, artellando novos mecanismos e propostas co obxectivo de consolidar unha estrutura de secretaría que os apoie a longo prazo.

Paralelamente, Cetmar desenvolve o citado proxecto SECWEB 2.0 para mellorar a capacidade dos RCG e fortalecer a coordinación rexional desta rede de mais de 400 expertos dedicada a recollida, xestión e intercambio de datos pesqueiros.

 

Os Grupos de Coordinación Rexional -Atlántico Norte, Mar do Norte e Ártico Oriental (RCG NANSEA); Báltico (RCG Báltico); Grandes peláxicos (RCG LP); Pesca de longa distancia (RCG LDF); Mediterráneo e Mar Negro (RCG Med&BS) e Asuntos Económicos (RCG ECON)- son o principal centro de recollida de datos das pesqueiras co que conta a Unión Europea para mellorar e asegurar a xestión sostible dos recursos mariños.

 

O análise desta información constitúe a base cara a avaliación dos stocks, a partir dos cales redáctanse informes científicos que serven de base para determinar as posibilidades de pesca de cada especie.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 03/05/2025
1007753 {"title":"CETMAR colabora cos Grupos de Coordinación Rexional Europeos no deseño de ferramentas innovadoras para mellorar a xestión dos datos pesqueiros na UE","published_date":"2025-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1007753"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-03/1007753-cetmar-colabora-cos-grupos-coordinacion-rexional-europeos-deseno-ferramentas-innovadoras-mellorar-xestion-dos-datos-pesqueiros-na-ue https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.