A Xunta completa os traballos de conservación no mosteiro de Santa María de Sobrado tras unha achega de máis de 2 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • López Campos destaca que os traballos foron dirixidos a frear o progresivo deterioro producido polo paso do tempo e os problemas de filtracións na cuberta e fachada
  • "Este ben é unha das principais xoias patrimoniais da nosa terra e a nosa obriga é que sexa legada ás futuras xeracións nas mellores condicións", afirmou o conselleiro
  • O obxectivo é garantir a conservación do monumento ao tempo que se mellora o sistema construtivo e se promove este espazo como recurso cultural e turístico
  • Con esta última intervención, son xa case 4 M€ os investidos pola Administración autonómica neste Ben de Interese Cultural ao longo dos últimos anos
Imagen del artículo A Xunta completa os traballos de conservación no mosteiro de Santa María de Sobrado tras unha achega de máis de 2 M€
Sobrado (A Coruña), 2 de maio de 2025

A Xunta de Galicia acaba de completar os traballos de conservación no mosteiro de Santa María de Sobrado para que sexa legado ás futuras xeracións nas mellores condicións tras un investimento superior aos 2 M€. Así o informou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita a este conxunto na que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez.

No seu percorrido, o responsable de Cultura do Goberno galego salientou que o mosteiro de Santa María de sobrado é "unha das principais xoias da nosa terra pola súa relevancia patrimonial e pola súa vinculación co Camiño de Santiago". "Esta importancia é a que levou a Xunta de Galicia a incluír esta obra nos fondos europeos co fin de avanzar na súa conservación, ao tempo que compaxinamos a protección co seu uso como recurso sostible e activo que mellore a calidade de vida da zona na que se atopa", engadiu.

Nesta mesma liña, López Campos lembrou que esta última actuación impulsada pola Xunta de Galicia no Mosteiro de Santa María de Sobrado eleva a case 4 M€ o investimento realizado pola Administración autonómica neste Ben de Interese Cultural ao longo dos últimos anos, tanto para garantir a conservación do inmoble como na creación dun albergue público para peregrinos.

Ben de Interese Cultural

No caso concreto deste proxecto, os traballos centráronse nos sistemas construtivos do claustro para eliminar as filtracións e a colonización biolóxica, reparar a cuberta, restaurar as galerías, renovar as carpintarías e instalar un novo sistema de alumeado. A actuación completouse coa exhumación da escaleira do claustro romano e a intervención na fachada de acceso, onde se restaurou a reixería dos balcóns, cambiáronse as carpintarías, instaláronse novos canlóns e eliminouse a colonización biolóxica.  Todas estas accións leváronse a cabo tendo en conta a existencia de fauna protexida na zona, adoptando as medidas máis axeitadas de protección e salvagarda.

Ademais de garantir a mellor conservación do mosteiro, o obxectivo desta obra, tal e como salientou o López Campos, tamén é abrir á visita pública este claustro e poñer en valor as áreas máis descoñecidas do complexo como a Sancristía antiga ou a escaleira exhumada nesta parte do inmoble. Neste senso, cómpre lembrar que o mosteiro de Santa María de Sobrado, cun papel complementario como albergue de peregrinos, goza do máximo nivel de protección patrimonial, xa que ademais de recoñecido como Ben de interese Cultural, está asociado á declaración de Patrimonio Mundial dos Camiños do Norte.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/05/2025
1006313 {"title":"A Xunta completa os traballos de conservación no mosteiro de Santa María de Sobrado tras unha achega de máis de 2 M€","published_date":"2025-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1006313"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-02/1006313-xunta-completa-os-traballos-conservacion-mosteiro-santa-maria-sobrado-unha-achega-mais-2-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.