A Xunta colabora na xornada 'Saudepol', que pon o foco na seguridade laboral no ámbito dos corpos de seguridade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial participou na inauguración deste encontro que se desenvolve hoxe en Lugo e que inclúe un relatorio sobre a formación que proporciona a AGASP
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 30 de abril de 2025
A Xunta de Galicia colabora na cuarta edición da xornada SAUDEPOL, que se desenvolve hoxe na Comisaría da Policía Nacional en Lugo e pon o foco na seguridade laboral no ámbito das forzas e corpos de seguridade, especialmente nos riscos psicosociais. Está organizada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) co apoio da Asociación Unificada de Gardas Civís e de Vive CNP -recurso psicolóxico do SUP-, e conta co patrocinio do Parlamento de Galicia.
Na xornada participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que destacou a importancia de afondar na materia con accións formativas como esta. Ao respecto, sinalou que a Xunta convoca cursos de formación para o colectivo a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), e tamén ofrece información sobre prevención e saúde no traballo mediante o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).
A xefa do Servizo de formación en seguridade pública da AGASP, Mónica Castro, impartiu a conferencia "A formación policial en Galicia". Neste primeiro semestre do ano, programáronse 250 accións formativas para os axentes da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia, Policía Nacional, Policía Local e Garda Civil, que suman case 5.000 prazas e preto de 8.000 horas lectivas.
Outros expertos abordaron os primeiros auxilios psicolóxicos e distintos elementos de risco propios da función policial.