A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de preto de 3,5 quilómetros do río Santa Cecilia, entre os concellos de Narón e Ferrol
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor dun mes e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e mantemento nun tramo de preto de 3,5 quilómetros do río Santa Cecilia, entre os concellos de Narón e Ferrol.
As tarefas, que se desenvolverán en vaias parroquias deses municipios, consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos, así como na eliminación de especies exóticas invasoras.
Os traballos, que foron comunicados aos concellos, prolongaranse durante arredor dun mes e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras ao tempo que se contará co apoio doutra maquinaria de maiores dimensións, como un tractor.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo hidráulico dependente do Executivo galego, este tramo fluvial quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento de zonas catalogadas como de alto risco potencial significativo de inundación (Arpsi).
O fin último dos traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.