A Xunta renovará a cuberta do CEIP de Barouta e eleva a case 16 M€ o investimento nos centros educativos de Ames
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A obra licítase hoxe cun orzamento de máis de 230.000€ e prevese o seu inicio a finais de xuño
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ames (A Coruña), 28 de abril de 2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP licita hoxe a obra de cambio de cuberta do Colexio CEIP de Barouta por máis de 230.000€, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do centro. A previsión, suxeita aos correspondentes trámites administrativos, é iniciar a obra a finais de xuño, tras a fin do curso académico, e rematala en setembro deste ano.
A obra consistirá na substitución da cuberta existente por unha nova de paneis sándwich de 30 mm de espesor, incluíndo o illamento tanto da cubrición como do forxado. Serán, en total, 1600 m² de cuberta inclinada de panel metálico e 133,5 m² de impermeabilización de cubertas planas. Ademais instalaranse novos canlóns e baixantes e conectaranse á rede existente.
A nova actuación eleva a preto de 16M€ o investimento da Xunta nas infraestruturas educativas de Ames, dos que o proxecto de maior envergadura é a construción dun novo colexio no Milladoiro, en fase de licitación por máis de 12M€. Ademais, xa está rematada a ampliación do CEIP Agro do Muíño, que contou cun investimento de máis de 3,4M€.
Estas actuacións enmárcanse no Plan de nova arquitectura pedagóxica, a folla de ruta a través do que a Xunta está a modernizar os centros educativos galegos, dando ademais resposta á necesidade de prazas de escolarización en determinadas zonas, como é o Concello de Ames, con obras de nova construción e ampliación.