Rueda reclama ao Goberno reforzar as redes de transporte que, coa repotenciación, permitirían aumentar a xeración de enerxía ata un 124 %

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Asegura que "o futuro pasa polas enerxías verdes" e que mellorar estas infraestruturas é clave para "continuar co proceso de descarbonización" 
  • O Consello coñeceu o resultado dun informe que advirte da necesidade de fortalecer estas instalacións para aproveitar todo o potencial eólico en Galicia e contribuír, así, ao avance industrial da comunidade 
  • A conselleira de Economía e Industria asegura que estas actuacións son "esenciais para o desenvolvemento industrial de Galicia"
  • Galicia dispón de 190 parques eólicos en funcionamento, cunha potencia de 3.900 MW e, deles, o 60 % conta con muíños cunha antigüidade superior aos 20 anos
  • A existencia de redes de transporte e distribución axeitadas permitiría, mantendo a mesma ocupación de terreos actual, duplicar a produción eólica e reducir o número de aeroxeradores preto dun 80%
Imagen del artículo Rueda reclama ao Goberno reforzar as redes de transporte que, coa repotenciación, permitirían aumentar a xeración de enerxía ata un 124 %
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello acordou volver reclamar ao Goberno central "que reforce as redes de transporte e de distribución de enerxía en Galicia" e salientou que iso -xunto a repotenciación de parques eólicos- "permitiría aumentar a xeración de enerxía renovable na comunidade ate un 124%".

Rueda fixo fincapé en que "o futuro pasa polas enerxías verdes" e que o reforzo da rede de transporte é fundamental para "continuar o proceso de descarbonización" xa que non se trata só de producir enerxía "se non de poder trasportala ata os seus destinatarios". "O reforzo da rede é un elemento esencial para o desenvolvemento industrial de Galicia", engadiu a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.

O Consello da Xunta coñeceu esta mañá as conclusións dun informe encargado pola Consellería de Economía e Industria á Universidade de Vigo, que analiza a incidencia do reforzo das redes de transporte e as medidas de repotenciación dos parques eólicos na implantación de proxectos industriais.

O estudo, elaborado polo Grupo de Investigación en Enxeñería Eficiente e Dixital da Universidade de Vigo (EN.EDI), pon o acento na necesidade de investir e reforzar as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, que son imprescindibles tanto para poder evacuar a electricidade xerada polas instalacións de produción como para dar servizo aos consumidores, especialmente os industriais, no proceso de descarbonización que deben afrontar.

En relación coas posibilidades de produción de electricidade a partir de enerxías renovables en Galicia, o informe pon de manifesto o gran potencial eólico en Galicia, cuxo aproveitamento está limitado na actualidade pola inexistencia dunha rede de transporte e distribución capaz de absorber toda a electricidade que se podería xerar a partir desta fonte renovable e limpa.

Por outra parte, o atraso na implantación de novas infraestruturas da rede de transporte planificadas polo Estado está xa a provocar que proxectos industriais coa tramitación ambiental finalizada non poidan comezar a súa construción ao non ter aínda posibilidades de conexión á rede eléctrica. 

Nese sentido, o Goberno galego vénlle demandando de forma reiterada ao Goberno central que adopte medidas urxentes para o desenvolvemento da rede de transporte de enerxía eléctrica, co fin de dar resposta ao potencial de aproveitamento de enerxías renovables en Galicia e ás necesidades de consumo de proxectos industriais que teñen previsto instalarse en Galicia. "Isto ten que ser un traballo en equipo", indicou Rueda.

De non adoptarse este tipo de medidas, o Goberno galego advirte de que non será posible cumprir cos obxectivos de aproveitamento de enerxías renovables previstos no Plan nacional integrado de enerxía e clima, aprobado polo Consello de Ministros.

As medidas demandadas polo Goberno Galego teñen como obxectivo que se garanta que ningún proxecto industrial perda a oportunidade de implantarse en Galicia por falta de conexión ao sistema eléctrico, nin por falta de posibilidades de dispor de electricidade de orixe renovable a un prezo competitivo, elemento fundamental para desvincularse da dependencia de combustibles fósiles, acadar autosuficiencia enerxética e procurar beneficios para a sociedade galega. 

Vantaxes 

A Comunidade galega conta na actualidade con 190 parques eólicos en funcionamento, segundo datos do Rexistro Eólico de Galicia, que supoñen unha potencia de arredor de 3.900 MW. Deles, o 60 % teñen muíños cunha antigüidade superior aos 20 anos, que representan aproximadamente o 56 % da potencia total instalada en Galicia (2200 MW); e por riba dos 540 MW representan os parques con 25 anos ou máis de funcionamento. 

No informe levado ao Consello avalíanse catro variables con relación a esta medida: o número de aeroxeradores das distintas fases de repotenciación de todos os parques obxecto de estudo e diferenciados por anos de antigüidade; a potencia instalada antes e despois da repotenciación; a enerxía anual producida (EAP) nos parques en servizo e unha vez repotenciados, e as horas equivalentes antes e despois da modernización.

O informe conclúe que a repotenciación dos parques actuais, incluso mantendo a súa potencia, permitiría aumentar a produción de electricidade de orixe renovable nun 35 % con respecto á actual, cunha redución no número de aeroxeradores de ata un 79 %, grazas á maior eficiencia das novas tecnoloxías, fronte á utilizada nos parques antigos. "Equivaldría a crear novos 20 novos parques e permitiría atender a demanda dos proxectos previstos no entorno das Pontes", indicou a conselleira.

Ademais, na hipótese de que implantasen redes de transporte e distribución axeitadas co potencial eólico galego, tal e como demanda o Goberno galego, mantendo a mesma ocupación de terreos actual, poderíase aumentar a produción eólica actual ata un 124 %, mesmo reducindo o número de aeroxeradores ata case un 80%. "Isto sería semellante a instalar 70 novos parques e permitiría atender as necesidades dos proxectos industriais da Coruña e Sabón", indicou Lourenzana.

Estas conclusións e a necesidade de descarbonización da economía reflicten claramente a obriga de desenvolver con urxencia novas redes eléctricas para poder dar resposta ás posibilidades de xeración de electricidade de orixe renovable, así como ás necesidades das industrias.

Prezos competitivos

O reforzo das infraestruturas proposto, xunto coas medidas de repotenciación dos parques eólicos de Galicia, revertería así na cidadanía, no marco da Lei 2/2024, do 7 de novembro, de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que naceu precisamente coa finalidade de asegurar a xestión responsable dos nosos recursos de maneira que se protexa o ambiente, que se cree riqueza e que esa riqueza xerada impacte no territorio, concretamente nas galegas e nos galegos. 

Para avanzar neste proceso de transición enerxética e facilitar o asentamento de novas industrias, a Xunta está a traballar nas medidas de promoción e ordenación da repotenciación dos parques eólicos, impulsadas a través da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. 

A repotenciación dos parques eólicos é clave para atraer e consolidar proxectos industriais intensivos en consumo de enerxía, poñendo ao seu dispor o acceso á enerxía limpa, factor diferencial actualmente dentro de numerosos procesos produtivos onde a etiqueta verde é un valor engadido en calquera produto, e a un prezo que contribúa a incrementar a competitividade desta industria.

Ademais, cómpre subliñar a redución da pegada ambiental e o impacto paisaxístico producido pola diminución do número de aeroxeradores, polo aproveitamento das infraestruturas existentes e polo territorio xa ocupado. Todo isto, sumado aos beneficios económicos, de emprego, sociais e mesmo educacionais derivados dos procesos de repotenciación nas comunidades locais onde se produzan.

 
Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/04/2025
1004507 {"title":"Rueda reclama ao Goberno reforzar as redes de transporte que, coa repotenciación, permitirían aumentar a xeración de enerxía ata un 124 %","published_date":"2025-04-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1004507"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-28/1004507-rueda-reclama-ao-goberno-reforzar-as-redes-transporte-coa-repotenciacion-permitirian-aumentar-xeracion-enerxia-ata-124 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.