A Xunta acada a maior cifra da historia na campaña de verán con 11.630 prazas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Rueda destaca a ampla oferta para a mocidade de entre 9 a 30 anos que amplía nun cento as prazas ofertadas
  • Entre as propostas destacan os campamentos, aos cales este ano poderán optar 8.183  nenos e nenas de 9 a 17 anos, 266 máis que no 2024
  • Como novidade, nesta edición todas as modalidades seguen a asignación por sorteo, incluídos os minicampamentos e simplíficase o proceso de demanda de prazas cun único modelo de solicitude
  • As accións inclúen tamén campos de voluntariado, lecer alternativo para maiores de 18 anos, intercambios con outras comunidades e o uso de instalacións xuvenís
  •  O prazo de solicitudes ábrese este venres, tras a publicación o mércores da convocatoria no Diario Oficial de Galicia 
Imagen del artículo A Xunta acada a maior cifra da historia na campaña de verán con 11.630 prazas
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia vai contar este ano "coa maior oferta de prazas" de campamentos e actividades de verán da súa historia. "Serán 11.650 prazas para a mocidade entre 9 e 30 anos, unha cifra récord", o que supón 100 máis que na campaña anterior.

A campaña de verán trátase  dun programa xa consolidado a través do cal a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fomenta que os máis novos empreguen o seu tempo libre durante os meses de xullo, agosto e setembro participando en actividades de carácter "lúdico, cultural, deportivo" e formativo, e que supón, ademais, un recurso "que facilita a conciliación familiar". Neste senso, Galicia segue a ser un referente a nivel de todo o Estado, dado que ofrece unha programación que a converte en destino preferente para os mozos e mozas galegos, doutras comunidades autónomas e do estranxeiro, aos cales se lles facilita un recurso de lecer educativo de primeiro nivel.

Cómpre destacar tamén que esta campaña, que cada ano pon en marcha o Goberno galego, avoga plenamente pola integración e a inclusión, de maneira que todos os mozos e mozas teñen a oportunidade de participar en igualdade de condicións e con independencia das súas necesidades específicas, xa que contan sempre co persoal especializado que se precise. Deste xeito, as persoas con discapacidade poden presentar a súa solicitude de participación en campamentos a través da convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ou optar pola convocatoria específica da Consellería de Política Social e Igualdade.

O prazo de inscricións abrirá este venres, despois da publicación o mércores da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, agás para o programa de actividades de lecer alternativo para maiores de 18 anos, que abrirá en maio. Como novidade, este ano simplifícase a petición de prazas ao pasar de 4 modelos distintos de solicitude a un só, co obxectivo de mellorar a transparencia e a información e de facilitarlles e axilizar o proceso de peticións ás persoas interesadas. Ademais, a asignación de prazas do programa de minicampamentos Coñece Galicia, que antes se xestionaban por orde de inscrición, realizarase desta vez por sorteo, ao igual que os campamentos.

Campamentos e minicampamentos

A modalidade de campamentos, destinados a nenos e nenas de entre 9 e 17 anos, é a que oferta un maior número de prazas, 8.183, repartidas en 38 instalacións das 4 provincias, o que suma 266 máis con respecto ao ano pasado.  

Cunha duración de entre 8 e 12 días por quenda durante os meses de xullo, agosto e setembro, esta proposta bríndalle á cativada a oportunidade de gozar de actividades para divertirse e tamén encamiñadas ao seu enriquecemento persoal e vital. Trátase dunha iniciativa que tamén abrangue oferta en campamentos "noutras sete comunidades autónomas" e que no caso deste ano son "País Vasco, Extremadura, Castilla y León, Castilla-La Mancha, La Rioja, Madrid e Cantabria".

Por outra banda, nesta edición tamén se programan para a franxa de idade comprendida entre os 9 e 12 anos os minicampamentos Coñece Galicia, unha proposta lúdico- formativa con 779 prazas que se desenvolve nos espazos naturais da Comunidade cunha duración de 5 días, de luns a venres. Neste senso, os participantes, que optarán a 16 programas de estadías diferentes, aloxaranse en establecementos turísticos co obxectivo de favorecer as necesidades de conciliación e coidado das familias á vez que se fomenta o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia.

Campos de voluntariado e actividades para maiores de 18 anos

"Para a mocidade de máis de 18 anos, e ata os 30, a Xunta oferta dúas iniciativas, os campos de voluntariado e un programa de actividades de lecer alternativo", explicou Rueda. No que respecta aos primeiros, contan con 600 prazas en 37 localizacións de Galicia, ás cales hai que sumar outras 75 prazas noutras comunidades autónomas e 75 máis no estranxeiro. 

Estas accións desenvólvense maioritariamente en colaboración cos concellos e pretenden favorecer a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos. Ademais, os participantes gozarán da práctica de deportes ou visitas a lugares de interese histórico e cultural. 

Por outra banda, este ano dáselle continuidade ao paquete de actividades específicas para maiores de 18 anos que se puxo en marcha no 2024 e que promove un lecer educativo, alternativo e saudable con 218 prazas en 8 instalacións. Cunha duración de entre 4 e 13 días, os obxectivos destas accións son mellorar as competencias e as habilidades da mocidade a través da educación non formal, de maneira que coñezan a xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto e posta en valor.

Ademais, este ano incorpórase como novidade unha reserva de prazas no programa Conecta con Galicia no Camiño, da Secretaría Xeral de Emigración, que ten por finalidade facilitarlles aos participantes o enriquecemento persoal a través da convivencia con outros mozos galegos de diferentes orixes.

Instalacións xuvenís

Ademais da oferta directa de prazas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a campaña de verán tamén inclúe o uso das instalacións xuvenís por parte de asociacións, entidades prestadoras de servizos á mocidade, escolas de tempo libre, corporacións locais e outras entidades públicas ou privadas que leven a cabo plans relacionados cos mozos e mozas. A proposta, con 1.720 prazas e quendas de 5 a 10 días de duración, tamén está dirixida a grupos de mozos e mozas galegos non asociados que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/04/2025
1003494 {"title":"A Xunta acada a maior cifra da historia na campaña de verán con 11.630 prazas","published_date":"2025-04-28","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1003494"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-28/1003494-xunta-acada-maior-cifra-da-historia-na-campana-veran-11-630-prazas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.