A Xunta adxudica por preto de 425.000 euros as obras de posta en valor da ponte medieval de Ponte Sampaio, que une Pontevedra e Arcade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O obxectivo é garantir a conservación da ponte e realzar a súa estética, reforzando o atractivo desta zona que coincide coa traza do Camiño Portugués
- O contrato asinarase nos vindeiros días e a previsión é poder iniciar as obras a finais do vindeiro mes de maio ou principios de xuño
- Realizaranse labores de limpeza dos paramentos, repararase o pavimento da ponte e disporanse 20 luminarias led e 36 proxectores led para poñer en valor a infraestrutura

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2025
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por un importe de 423.016 euros a execución das obras de posta en valor da ponte medieval de Ponte Sampaio, que une Pontevedra e Arcade, en Soutomaior.
Esta intervención, adxudicada á empresa Construcciones E.C. Casas, S.L., ten como obxectivo garantir a conservación da ponte e realzar a súa estética, o que contribuirá a reforzar o atractivo da contorna que coincide coa traza do Camiño Portugués.
O contrato asinarase nos vindeiros días, e as obras comezarán previsiblemente a finais do vindeiro mes de maio ou principios de xuño. O prazo estimado de execución das obras é de 6 meses.
Os traballos obxecto deste contrato inclúen a realización de labores de limpeza dos paramentos, colocando unha rede desde os tallamares como medida protectora do río Verdugo. Tamén se reparará o pavimento, repoñendo as pezas de lastra onde sexa necesario.
Así mesmo, co fin de acentuar a estética desta ponte disporase iluminación na calzada para o tráfico rodado e peonil, para o que se habilitarán 20 luminarias led nos tallamares. Ademais dotarase a ponte de iluminación ornamental, con 36 proxectores led.
De xeito complementario, realizarase un cambio no pavimento dos treitos de PO-264 contiguos á ponte. Eliminarase o pavimento asfáltico existente e colocarase un novo lousado granítico, mellorando a estética desta contorna.
Ademais axardinarase esta zona coa plantación de céspede no triángulo flanqueado polo bordo do río e acondicionaranse os espazos anexos á ponte, á entrada e á saída.