O curso en liña de especialista en viños de Galicia impulsado pola Xunta rexistra 725 inscritos en 20 días

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Arredor da metade dos alumnos deste programa de formación telemática posto en marcha pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural son galegos e o resto procede de diferentes comunidades autónomas españolas
  • Trátase dunha iniciativa innovadora, desenvolvida en colaboración coa Galicia Wine Academy e destinada á promoción e o coñecemento dos viños da nosa comunidade
  • A conselleira María José Gómez e o director da Agacal avaliaron o éxito desta convocatoria nunha reunión de traballo con Jorge Vila, fundador e director desta academia internacional
Imagen del artículo O curso en liña de especialista en viños de Galicia impulsado pola Xunta rexistra 725 inscritos en 20 días
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2025

O primeiro curso en liña de especialista en viños de Galicia, promovido pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, rexistrou un total de 725 alumnos inscritos en apenas 20 días desde o seu lanzamento. Deles, 346 son galegos e o resto repártense entre diferentes comunidades autónomas españolas, sobre todo de Madrid, Cataluña, Castela e León e Andalucía, e mesmo hai unha persoa inscrita do veciño Portugal.

Estas cifras dan idea do éxito acadado por esta iniciativa impulsada pola Xunta e que constitúe un innovador programa de formación en liña destinado á promoción e o coñecemento dos viños da nosa comunidade autónoma. A boa acollida desta acción formativa foi avaliada positivamente pola propia conselleira do Medio Rural, María José Gómez, nunha recente reunión de traballo con Jorge Vila, director de Galicia Wine Academy, na que tamén participou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.

Para profesionais e afeccionados

Este curso vai dirixido tanto a profesionais do sector vitivinícola como a afeccionados, e procura acercar a riqueza e diversidade dos viños amparados pola calidade diferenciada que outorgan as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas recoñecidas en Galicia.

Por medio dunha plataforma dixital accesible na ligazón https://online.galicia.wine, os participantes poderán afondar en aspectos como as variedades autóctonas, solos, clima, historia, técnicas de elaboración tradicionais e modernas, así como as tendencias de mercado.

A plataforma foi creada por Galicia Wine Academy, escola referente en formación en cultura do viño en Galicia e centro autorizado para impartir cualificacións internacionais como WSET® (polas súas en inglés, a Wine & Spirit Education Trust é o maior provedor mundial de cualificacións formativas en viños) dende o ano 2018. Na súa posta en marcha tivo un papel protagonista Jorge Vila, fundador e director de Galicia Wine Academy.

A plataforma en liña ofrece dous cursos: un de carácter gratuíto de Introdución aos Viños de Galicia; e un programa de Especialista en Viños de Galicia, moito mais completo e dirixido a profesionais e amantes do viño.

Clases en vídeo e material dixital

Na formación inclúense clases en vídeo gravadas nas principais zonas vitivinícolas de Galicia e coa participación dalgúns dos mais recoñecidos expertos; material dixital complementario con entrevistas e reportaxes exclusivos; adestramento en técnicas de cata profesional e un enfoque práctico e accesible, tanto para afeccionados como para profesionais. Ademais, proximamente estará dispoñible tamén a versión en inglés de ambos cursos, para facilitar así o  acceso ao maior número posible de interesados.

Galicia Wine Academy formou dende 2017 máis de 2.000 estudantes na nosa comunidade e noutros puntos de España, combinando formacións propias e certificacións internacionais WSET. A través deste novo campus en liña, reforza a súa vocación por achegar a cultura do viño galego a todo o mundo, nun momento en que o e-learning crece un 7% anual en Europa e a demanda de especialización en viños de diferentes territorios é cada vez maior no ámbito profesional.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/04/2025
1003092 {"title":"O curso en liña de especialista en viños de Galicia impulsado pola Xunta rexistra 725 inscritos en 20 días","published_date":"2025-04-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1003092"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-27/1003092-curso-lina-especialista-vinos-galicia-impulsado-pola-xunta-rexistra-725-inscritos-20-dias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.