A Xunta destina 640.000 € a máis de 70 proxectos de voluntariado en 2025

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apoia iniciativas que poñen en contacto a mocidade con maiores de 55 anos para dinamizar os concellos menos poboados e mellorar as perspectivas laborais das persoas máis novas
  • As accións apoiadas inclúen tamén as desenvolvidas por entidades locais e asociacións de voluntariado para fomentar a participación da xuventude en proxectos de interese social
Imagen del artículo A Xunta destina 640.000 € a máis de 70 proxectos de voluntariado en 2025
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2025

A Xunta de Galicia destinará este ano 2025 un total de 640.000 € para o desenvolvemento de 72 proxectos ao abeiro dos programas Talento Interxeracional e Servizo de voluntariado xuvenil, promovendo así a participación da mocidade galega en actividades de interese xeral no marco da acción voluntaria organizada.

Deste xeito, mediante a convocatoria correspondente ao voluntariado interxeracional no rural, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en contacto mozos e mozas de entre 16 e 35 anos e persoas maiores de 55 a través de 26 iniciativas co obxecto de dinamizar os concellos menos poboados e mellorar as perspectivas laborais da xuventude.

Así se recolle na resolución da cuarta edición destas axudas que se acaban de publicar no Diario Oficial de Galicia, onde se establecen que preto de 180.000 € están dirixidos aos proxectos de 10 concellos, mentres que case 280.000 € terán como destino impulsar programas de 16 asociacións de acción voluntaria.

Deste xeito,  contarán con esta subvención unha decena de proxectos dos concellos de Vedra, Muxía, Padrón e A Baña, na provincia da Coruña; de San Xoán de Río, Cenlle, A Veiga e Vilar de Barrio, na de Ourense; e Ponteareas e Mos, na de Pontevedra.

En canto as 16 entidades de acción voluntaria que poderán desenvolver os seus programas con estas axudas son a Asociación Medioambiental Amabul,  a de Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, a Fundación Ronsel, a Asociación Ecos do Sur, a Escola de Tempo Libre Colaxe e a Asociación de Colaboración e Promoción das persoas xordas Acopros.

De igual xeito, tamén conseguiron apoio para os seus proxectos interxeracionais a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, o Grupo Compostela de Universidades, Valores Innovation, a asociación Os Tres Reinos e a Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia. Engádenselle a esta listaxe, as asociacións Vive Vilariño, a Sustinea, a de Familiares de Enfermos de Alzhéimer Afamo, a destinada ao desenvolvemento educativo ADEC e a cultural O Castro .

Os programas a desenvolver teñen que ver coa estruturación dunha nova economía de coidados baseada na atención centrada na persoa, a recuperación ou anovación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona ou o impulso de novas iniciativas locais en materia de produción agroalimentaria de calidade e sustentable de cara á súa mellor proxección e posición no mercado. Ademais, tamén se valorou que as intervencións procurasen o recoñecemento e posta en valor da riqueza medioambiental, patrimonial ou turística da localidade onde se executen. De igual forma, priorizouse aqueles proxectos que buscasen implantar novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.

46 propostas de voluntariado xuvenil

Por outra banda, o Goberno galego achegará este ano máis de 180.000 € ao financiamento de 46 proxectos no marco do programa Servizo de voluntariado xuvenil. Así, a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia establece que 135.000 € irán destinados a 31 proxectos impulsados por entidades privadas sen ánimo de lucro, mentres que os 46.080 euros restantes servirán para apoiar 15 iniciativas promovidas por concellos galegos.

A convocatoria apoia propostas centradas na promoción do Camiño de Santiago, a recuperación do patrimonio cultural, artístico ou etnográfico galego, a protección do medio ambiente, a igualdade de xénero, a prevención da violencia machista, o apoio a colectivos vulnerables, a posta en valor do medio rural ou a mellora do benestar das persoas maiores.

Entre as entidades locais beneficiarias figuran os concellos de Vedra, Padrón, Lousame, A Veiga, Ribadavia, Muíños, Xove, Quiroga, Ponteareas ou Mos, entre outros. No caso das entidades de acción voluntaria, as achegas permitirán desenvolver actividades promovidas por asociacións como a Fundación Abrente, a Asociación Ecos do Sur, a Asociación Limisi, a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, a entidade Sustinea Sostibilidade e Cambio Social ou o Grupo Scout Ilex.

Os proxectos desenvolveranse entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2025, cunha duración mínima de 15 días e máxima de 60, e xornadas de voluntariado de ata seis horas diarias.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/04/2025
1003090 {"title":"A Xunta destina 640.000 € a máis de 70 proxectos de voluntariado en 2025","published_date":"2025-04-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1003090"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-27/1003090-xunta-destina-640-000-mais-70-proxectos-voluntariado-2025 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.