A Xunta comeza mañá o traballo de campo para o estudo anual de avaliación da calidade da rede pública de autobuses interurbanos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O traballo de campo inclúe máis de 16.000 enquisas e observacións, divididas en 13.200 enquisas a persoas usuarias, 1.974 observacións do tipo cliente misterioso, 457 enquisas a centros de ensino con transporte compartido e 600 enquisas a persoas non usuarias
  • Comeza cunha proba piloto nas liñas da ruta A Coruña-Lugo onde se realizarán 100 enquisas entre persoas usuarias e 20 observacións tipo cliente misterioso
  • Este ano realizarase unha análise específica dos servizos que utiliza o alumnado dos institutos IES Leliadoura e IES Nº1 do concello de Ribeira
Imagen del artículo A Xunta comeza mañá o traballo de campo para o estudo anual de avaliación da calidade da rede pública de autobuses interurbanos
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2025

A Xunta inicia mañá os traballos de campo do estudo anual sobre a calidade da rede pública de autobuses interurbanos.

O obxectivo desta análise é avaliar o estado do transporte colectivo por estrada recollendo opinións das persoas usuarias así como mediante observacións presenciais para avaliar o cumprimento dos criterios de calidade do servizo. Esta será a quinta campaña desde a posta en marcha do Plan de Transporte Público de Galicia (PTPG) e abrangue máis de 16.000 enquisas e avaliacións nas 53 comarcas galegas.

O traballo de campo comezará cunha proba piloto que se realizará mañá nas liñas que cobren a ruta A Coruña-Lugo da concesión A Coruña-Lugo-A Mariña. En total realizaranse 100 enquisas de calidade e 20 observación tipo cliente misterioso.

Este test axudará a optimizar o deseño e contido dos cuestionarios para ampliar o estudo ao resto de comarcas e concesións.

A duración total do traballo de campo será dunhas seis semanas permitirá avaliar o conxunto de criterios de calidade da prestación do transporte público interurbano e analizar a súa evolución comparándoo cos resultados de anos anteriores.

A metodoloxía do estudo comprende catro grandes liñas de investigación que permiten ter unha visión completa do estado da rede de transporte. A primeira liña inclúe unha enquisa de calidade cunha mostra de 13.200 entrevistas repartidas entre todas as comarcas de Galicia en función do seu peso. O obxectivo desta enquisa é contar cunha avaliación do servizo por parte das persoas usuarias.

A segunda liña de investigación consiste na realización de 1.974 observacións de tipo cliente misterioso que buscan facer unha valoración técnica e obxectiva de distintos aspectos que determinan a calidade do servizo como a puntualidade, estado das paradas ou información, entre outros.

A terceira liña céntrase no transporte escolar a través de enquisas aos 457 centros de ensino que contan con transporte compartido para recoller as súas valoracións específicas e identificar áreas que son susceptibles de mellora.

Finalmente, e co obxectivo de coñecer as razóns polas que hai cidadáns e cidadás que non usan o transporte público, o traballo de campo tamén inclúe 600 entrevistas telefónicas con persoas non usuarias.

Entre as actuacións específicas da campaña deste ano, realizarase unha análise en particular dos servizos que utiliza o alumnado dos institutos IES Leliadoura e IES Nº1 do Concello de Ribeira, para avaliar a prestación dos servizo e identificar aspectos que poden ser suxeito de mellora. Para isto realizaranse 50 observacións tipo cliente misterioso nas liñas de transporte integrado e non integrado que empregan escolares destes dous centros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/04/2025
1003084 {"title":"A Xunta comeza mañá o traballo de campo para o estudo anual de avaliación da calidade da rede pública de autobuses interurbanos","published_date":"2025-04-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1003084"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-27/1003084-xunta-comeza-mana-traballo-campo-estudo-anual-avaliacion-da-calidade-da-rede-publica-autobuses-interurbanos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.