A Xunta axusta o percorrido de dúas liñas urbanas en ferrol logo da reapertura parcial da avenida das Pías
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As liñas Caranza-Praza Vella e Praza Vella-Caranza deixarán de percorrer a rúa Telleiras e volverán á avenida das Pías
- Créase unha nova parada no Bertón que se suma á de Vv. Bazán para darlle servizo a estas liñas en ambos os sentidos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 25 de abril de 2025
A Xunta axustará desde o próximo luns, 28 de abril, o percorrido das liñas de autobús Caranza-Praza Vella e Praza Vella-Caranza, na cidade de Ferrol, que fora modificado para adecuar o servizo ás obras na estrada FE-14, de competencia estatal.
O percorrido de ambas as liñas (coñecidas como liña C para o público) volverá circular pola avenida das Pías coa creación dunha nova parada no Bertón, que se incorpora na liña Caranza-Praza Vella, e coa recuperación da parada Vv. Bazán no sentido Praza Vella - Caranza.
O itinerario dos servizos en ambos os dous sentidos desviárase pola rúa Telleiras para acomodar as obras das Pías, utilizando as paradas de Antonio Escaño e Telleiras, que a partir deste luns xa non estarán dispoñibles en ningunha das dúas liñas.
Cómpre lembrar que a Xunta consensuara as solucións para os desvíos temporais nos servizos de transporte público co Ministerio de Transportes, co Concello de Ferrol e coa asociación de veciños de Caranza, avaliando as alternativas máis adecuadas para o conxunto das liñas.
A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.