Os 32 proxectos apoiados pola Xunta a través do Programa Ignicia con 17 M€ levan captados máis de 27 M€ en investimentos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Ciencia mantén un encontro coas spin-offs creadas para visibilizar a importancia de conectar a investigación excelente coa contorna empresarial
  • O luns publicarase a nova edición de Ignicia Proba de Concepto para apoiar a chegada ao mercado de ata 10 proxectos de investigación cunha dotación de 4M€
Imagen del artículo Os 32 proxectos apoiados pola Xunta a través do Programa Ignicia con 17 M€ levan captados máis de 27 M€ en investimentos
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, mantivo hoxe un encontro con oito das empresas creadas ao abeiro do programa Ignicia, un dos principais instrumentos da Xunta de Galicia para facilitar a transferencia de coñecemento real das investigacións á sociedade. Esta convocatoria, pioneira e referente a nivel estatal, impulsa a creación de novas spin-offs e acordos de licenza de comercialización da tecnoloxía xerada en Galicia.

De feito, desde a súa creación no ano 2016, xa se apoiaron 32 proxectos cun orzamento de 17M€ que deron lugar a 11 spin-offs e tres acordos coa industria, atopándose 15 proxectos en desenvolvemento comercial. En total, a través destes proxectos emprégase a máis de 150 profesionais de alta cualificación e lévanse captado máis de 27M€ de financiamento público e privado a nivel nacional e internacional.

Neste sentido, o titular de Ciencia destacou o carácter de nexo deste programa entre a ciencia excelente e a contorna empresarial ao permitir converter a investigación en solucións de mercado e facilitar así a rendibilización económica e social do investimento público en I+D. "Esta convocatoria ten un gran potencial no apoio ao emprendemento innovador e de base científico-tecnolóxica, xa que a maioría dos proxectos seleccionados propoñen a creación de spin-offs como vía de comercialización", sinalou Román Rodríguez. "Isto facilita o aproveitamento económico dos resultados da investigación, a creación de emprego de carácter cualificado e a mobilización e atracción de investimentos públicos e privados cara Galicia", engadiu.

A este encontro, co que se quere poñer en valor o programa Ignicia como exemplo de éxito na transferencia de coñecemento e na xeración de innovación na Comunidade, asistiron representantes das empresas Alén Space, Alice Biometrics, Artificial Intelligence Indestia, Celtarys Research, Diversa Technologies, inVerbis Analytics, Libera Bio e Sense Aeronautics. Ademais, o Goberno galego busca visibilizar con este encontro o potencial competitivo de Galciai a nivel global, destacando a súa capacidade para liderar no seu ámbito e contribuír ao desenvolvemento tecnolóixco e económico de Galicia.

Esta convocatoria encádrase nas medidas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP para impulsar a colaboración estratéxica e a transferencia do coñecemento incluídas no Plan galego de Investigación e Innovación 2025-2027, dotadas con máis de 52 millóns de euros. En concreto, Ignicia é un dos principais instrumentos da Xunta de Galicia para o apoio neste eido e desenvólvese a través de dúas liñas de actuación complementarias: esta convocatoria e outras actuacións de apoio á valorización do coñecemento, como actividades de formación de profesionais da transferencia e persoal investigador, de seguimento de indicadores ou de posicionamento do programa Ignicia nos eidos rexional, nacional e internacional. 

Próxima convocatoria

O vindeiro luns publicarase no Diario Oficial de Galicia a quinta edición da convocatoria Ignicia Proba de Concepto,   dotada con 4 millóns de euros para apoiar entre 8 e 10 proxectos, que se sumarán aos 32 xa apoiados en convocatorias previas.

Esta liña de axuda está destinada aos organismos de investigación galegos, desde as universidades públicas ata os centros tecnolóxicos, así como a centros do CSIC en Galicia ou fundacións sanitarias. Os proxectos deben contar con capacidade para xerar retornos económicos e ter como finalidade a comercialización dos resultados da investigación. Estes pasarán por un proceso de selección en dúas fases e comezarán a executarse a comezos de 2026 durante un prazo estimado de dous anos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 24/04/2025
998467 {"title":"Os 32 proxectos apoiados pola Xunta a través do Programa Ignicia con 17 M€ levan captados máis de 27 M€ en investimentos","published_date":"2025-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/175375-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"998467"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-24/998467-os-32-proxectos-apoiados-pola-xunta-traves-do-programa-ignicia-17-m-levan-captados-mais-27-m-investimentos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.