A Xunta financia 5 cursos de formación no ámbito marítimo-pesqueiro en Porto do Son para afondar na competitividade e remuda xeracional do sector
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro do Mar destaca que xa foron executadas ou están en execución 45 das 97 accións formativas previstas este ano por parte das entidades pesqueiras beneficiarias da orde de axudas autonómicas dotadas con 1,5 millóns de euros
- A Confraría de Porto do Son está celebrando o cuarto curso gratuíto da presente anualidade de Formación Básica en Seguridade Marítima do que se están beneficiando 17 persoas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Porto do Son (A Coruña), 22 de abril de 2025
A Confraría de Porto do Son é unha das 17 entidades do sector pesqueiro beneficiarias da liña de axudas bianual da Consellería do Mar para o desenvolvemento de accións formativas no ámbito marítimo pesqueiro. A finalidade destes apoios autonómicos é afondar na competitividade e remuda xeracional desta actividade estratéxica para a economía galega. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares visitou o curso que está desenvolvendo o pósito sonense de 'Formación Básica e Seguridade Marítima', a cuarta das cinco accións formativas subvencionadas polo Goberno galego previstas este ano.
O responsable autonómico, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, sinalou que a estas alturas do ano xa están executados o en execución 45 dos 97 cursos concedidos a 17 entidades do sector que, xunto os realizados no 2024, xa beneficiaron a preto de 900 persoas. Uns apoios aos que a Consellería do Mar destina 1,5 millóns de euros e que complementa a actividade formativa que realizan os centros autonómicos que acolleran este ano outros 102 cursos.
A Confraría de Porto do Son xa realizou dous cursos de Condución segura de equipos de manutención, aos que se engadirá outro previsto para o 30 de maio. Ademais, tamén desenvolveu un curso de Mariñeiro Pescador no mes de marzo, sempre co obxectivo de dar resposta ás necesidades de capacitación do sector e os seus profesionais. Na actual acción formativa de formación básica participan un total de 17 persoas cuxa actividade lectiva estenderase ata o vindeiro 9 de maio.
Investimento en formación
Alfonso Villares puxo en valor a aposta da Xunta pola formación ao que destina no 2025 12,3 millóns de euros co obxectivo de ofrecer a mellor capacitación profesional ás persoas interesadas en desenvolver a súa vida laboral neste sector. Un compromiso que fixo posible que máis de 500 persoas estean cursando algún dos ciclos formativos vencellados ao ámbito marítimo-pesqueiro. Unha actividade económica estratéxica que representa o 5% do PIB e do que dependen 50.000 postos de traballo, e que fai a Galicia a principal rexión pesqueira de Europa.