Medio Rural impulsa iniciativas a prol do desenvolvemento rural da Peroxa con investimentos de máis de 150.000 euros

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira do Medio Rural visitou o Museo do Lebre, proxecto que foi apoiado a través da intervención Leader cun investimento de preto de 66.000 euros para a súa posta en marcha
  • En breve, publicarase unha nova convocatoria das axudas para a execución de operación de apoio a terceiras persoas, ao abeiro do Leader, cun orzamento de 12,6 millóns de euros que se xestionarán a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural
  • Gómez resaltou que este ano inclúese como novidade o Bono Activa Rural destinado á creación de actividades non agrarias nestas contornas
  • Ademais, tamén puxo en valor as achegas para a mellora de camiños cun investimento de preto de 70.000 euros ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-26

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Peroxa (Ourense), 22 de abril de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe o concello ourensán da Peroxa, onde foi recibida polo alcalde, Manuel Seoane, para coñecer diversas iniciativas apoiadas pola Consellería para contribuír ao desenvolvemento das zonas rurais cun investimento de máis de 150.000 euros.

Neste sentido, a conselleira visitou o Museo do Lebre, unha proposta de recuperación etnográfica nada co obxectivo de revalorizar a figura do Lebre de Casarizas, un artesán multidisciplinar e inventor que trouxo a innovación ás tarefas do campo. As instalacións contan tamén cun punto de información para ofrecer asesoramento aos visitantes, así como datos doutros lugares de interese a nivel turístico no concello. Medio Rural, a través da intervención Leader, colaborou cunha achega de preto de 66.000 euros xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou para a súa posta en marcha.

María José Gómez aproveitou a ocasión para poñer en valor unha vez máis este tipo de achegas e sinalou que en breve se publicará unha nova convocatoria das axudas para a execución de operacións de apoio de terceiras persoas, dotada cun orzamento de 12,6 millóns de euros, ao abeiro da intervención Leader no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-27.

A maiores, e como novidade, esta convocatoria inclúe o Bono Activa Rural polo que se apoiará a creación de actividades non agrarias nestas contornas, cunha aportación máxima de 18.000 euros e co compromiso do cumprimento do plan empresarial que garanta a súa viabilidade, polo menos, durante cinco anos.

Ademais, salientou a repercusión "moi positiva" que teñen este tipo de proxectos sobre o tecido socioeconómico das zonas rurais, xa que favorecen a mellora das condicións para crear e manter emprego nestes espazos e contribúen á súa dinamización impulsando a economía e asentando poboación.

Mellora de camiños

A conselleira do Medio Rural visitou tamén algúns dos camiños que se mellorarán ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026, co que se actuará en Ferradal, O Val, O Souto, Corvelle-Gueral e Corneda-A Touza, cun investimento de preto de 70.000 euros.

Neste sentido, Gómez resaltou a relevancia deste programa, dotado con 19,5 millóns de euros na convocatoria 25-26, para financiar as actuacións de mellora e mantemento dos camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas. Por iso, fixo fincapé en que as infraestruturas viarias son "vitais" para xerar cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e de traballo nestas zonas.

En definitiva, engadiu, facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio, ao mesmo tempo que reforzan o tecido social e contribúen a mellorar a capacidade organizativa e á fixación de poboación.

A maiores, a Consellería de Medio Rural destinou preto de 20.000 euros para un proxecto de construción de rede de saneamento en Gueral.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/04/2025
998187 {"title":"Medio Rural impulsa iniciativas a prol do desenvolvemento rural da Peroxa con investimentos de máis de 150.000 euros","published_date":"2025-04-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/175800-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"998187"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-22/998187-medio-rural-impulsa-iniciativas-prol-do-desenvolvemento-rural-da-peroxa-investimentos-mais-150-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.