A Xunta salienta que Galicia consolida a súa posición como a comunidade que máis reduce as emisións netas contaminantes, cun 61,7% menos que no ano 1990

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez destaca a importancia da industria química galega para avanzar no cumprimento dos grandes obxectivos de descarbonización e transición enerxética
  • A conselleira pon en valor o proxecto de ABCR Laboratorios para producir baterías de ion-litio, co que aspira a reducir un 38% as emisións de dióxido de carbono
  • Apela á colaboración público-privada para avanzar nos retos de descarbonización e anima á firma pontevedresa a sumarse á iniciativa Alianza Galega polo Clima
Imagen del artículo A Xunta salienta que Galicia consolida a súa posición como a comunidade que máis reduce as emisións netas contaminantes, cun 61,7% menos que no ano 1990
Forcarei (Pontevedra), 22 de abril de 2025

Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis reduciu en 2023 as emisións netas de gases de efectos invernadoiro (GEI) con respecto a 1990 —é dicir, a diferencia entre emisións e absorcións—, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas climáticas.

Así o avanzou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita ás instalacións de ABCR Laboratorios, en Forcarei, empresa do eido químico e farmacéutico e que, tal e como resaltou, exemplifica a relevancia deste sector para avanzar cara aos obxectivos de descarbonización e transición enerxética, así como para garantir un desenvolvemento sostible e eficiente de Galicia.

Tras explicar que a Xunta acaba de recibir un avance do último Inventario Nacional de Emisións que elabora o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a conselleira explicou que durante o ano 2023 Galicia logrou reducir nun 61,7% as emisións netas de GEI con respecto a 1990, un balance que a sitúa á cabeza do país neste eido e que confirma que o Goberno autonómico "vai polo bo camiño" na súa estratexia para facer fronte ao cambio climático.

De feito, Ángeles Vázquez lembrou que no anterior informe, correspondente ao ano 2022, Galicia tamén foi a comunidade que experimentou unha maior redución das emisións contaminantes netas, nese caso, cun descenso do 59,8%.

Neste sentido, destacou a importancia de contar cun tecido empresarial "comprometido co medio ambiente e a redución das emisións", unha concienciación ambiental da que puxo como exemplo, precisamente, á empresa ABCR, fundada en 2008 e cuxa traxectoria estivo marcada desde entón pola innovación e a súa aposta pola sostibilidade nos seus procesos.

Así, a modo de exemplo, referiuse ao proxecto Eco-Smart Batt, que contou co apoio da Xunta e dedicado ao desenvolvemento de baterías de ion-litio máis sostibles, un obxectivo que conecta directamente coas políticas de transición ecolóxica impulsadas polo Goberno galego. De feito, indicou que, tal como lle transmitiron os responsables da firma, ABCR Laboratorios aspira a que eses novos dispositivos de almacenamento de enerxía reduzan ata un 38% as emisións de dióxido de carbono (CO2).

Este tipo de iniciativas, salientou Ángeles Vázquez, son fundamentais nun momento no que a produción de vehículos eléctricos e híbridos está a aumentar, co que esa rebaixa na emisión de gases de efecto invernadoiro contribuiría a facer fronte aos efectos do cambio climático e á descarbonización da economía.

Así mesmo, a conselleira tamén se referiu á oportunidade que supón para empresas de referencia neste e noutros sectores a existencia de alianzas relacionadas co impulso da economía circular así como no eido da redución dos residuos -como é o seu proxecto para a reciclaxe de gomas de siliconas- e na mellora e implementación de procesos industriais sostibles e eficientes.

Ademais, tras apelar a seguir fomentando a colaboración público-privada para avanzar nos retos de descarbonización, Ángeles Vázquez animou aos responsables de ABCR Laboratorios a sumarse á iniciativa Alianza Galega polo Clima, impulsada pola Xunta.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/04/2025
997039 {"title":"A Xunta salienta que Galicia consolida a súa posición como a comunidade que máis reduce as emisións netas contaminantes, cun 61,7% menos que no ano 1990","published_date":"2025-04-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"997039"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-22/997039-xunta-salienta-galicia-consolida-sua-posicion-como-comunidade-mais-reduce-as-emisions-netas-contaminantes-cun-61-7-menos-ano-1990 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.