A Consellería do Mar será unha das protagonistas do Salón Internacional da Industria Acuícola Aquafuture que acollerá a cidade de Vigo o vindeiro mes de maio
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica asistiu á presentación do evento, o único deste tipo en España, que reflicte o liderado de Galicia nesta industria e que contará con máis de 200 expositores procedentes de 26 países
- O departamento autonómico contará cun espazo propio no que participarán entidades públicas e privadas como o Centro Tecnolóxico do Mar, o Centro de Investigacións Mariñas, Anfaco-Cecopesca, Acuarios Océano Atlántico ou Fish Trader Seafood Group
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 22 de abril de 2025
O vindeiro 20 de maio dará comezo unha nova edición do Salón Internacional da Industria Acuícola 'Aquafuture' que, por primeira vez, terá lugar no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, estivo no acto de presentación onde puxo en valor o liderado de Galicia a nivel europeo nesta actividade no que operan 2.600 empresas unha facturación superior aos 200 millóns de euros deixando unha forte pegada en termos de emprego con 5.600 postos de traballo.
Nesta liña, subliñou que é un evento único no conxunto de España así como a súa proxección internacional xa que contará con máis de 200 expositores procedentes de 26 países. Tamén resaltou o variado perfil das entidades participantes que traballan en ámbitos como o formativo, o comercial, o tecnolóxico ou o divulgativo, representando ao sector acuícola no seu conxunto, desde a mariña e continental, pasando polo cultivo de moluscos ata as últimas tendencias nesta industria co cultivo de algas.
A directora xeral explicou que unha das grandes protagonistas será a Consellería do Mar cun espazo propio no que está previsto que estean presentes sete entidades públicas e privadas. Entre elas o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) ou o Centro de Investigación Mariñas (CIMA), todos dependentes do departamento autonómico, aos que se suma Anfaco-Cecopesca, DYD Group, Acuarios Océano Atlántico e Fish Trader Seafood Trading.
Novos impulsos
A Xunta está tramitando as 239 solicitudes recibidas ao abeiro das axudas autonómicas para potenciar e reforzar esta industria na comunidade a través dunha orde de axudas para investimentos produtivos, neutralidade climática, creación de empresas e servizos de asesoramento dotadas con 65 millóns de euros. Uns recursos que teñen como obxectivo facilitar o desenvolvemento de novos proxectos que afonden na competitividade, capacidade de produción e sostibilidade da acuicultura galega.