Arranca 'Capitán Mareas', o programa educativo de Vegalsa-Eroski respaldado por Mar para promover o consumo dos produtos marítimo-pesqueiros entre o público infantil

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A iniciativa, que conta co apoio do Goberno galego, deu comezo hoxe en Burela e contou coa participación de 25 alumnos de 6º de Primaria do C.E.I.P de Cervo
  • O conselleiro avoga por impulsar a concienciación dos beneficios que ten para a saúde inxerir peixe e o marisco dende as idades temperás, e apela, tal e como está a facer a Xunta de Galicia,  á implicación neste eido

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Burela (Lugo), 22 de abril de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este martes o primeiro dos obradoiros do proxecto Capitán Mareas, que tivo lugar en Burela e que contou coa participación de 25 alumnos de sexto de primaria do C.E.I.P. de Cervo. Trátase do novo programa educativo promovido pola compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, en colaboración coa Administración autonómica, para fomentar o consumo dos produtos do mar entre os máis novos e dar a coñecer a actividade pesqueira local. En total, ao abeiro desta iniciativa impartiranse 10 accións formativas que percorrerán as lonxas de Galicia e Asturias ata finais de maio.

O responsable autonómico agradeceu que entidades privadas como a citada se involucren coa difusión da calidade do peixe e marisco que sae das rías galegas, sobre todo, porque conteñen un elevado aporte proteico que redunda no benestar e na calidade de vida das persoas, ao tempo que se contribúe a por en valor a actividade marítimo-pesqueira tan importante en Galicia e no noroeste peninsular. Deste xeito, Villares avoga por impulsar esta concienciación dende as idades máis temperás tanto nos núcleos familiares, como nos educativos e mesmo no eido social. E, neste obxectivo, apelou á implicación neste eido, tal e como está a facer o Goberno galego e a compañía alimentaria.

Xunto ao titular de Mar, no evento participaron a directora de Sostibilidade e Comunicación da compañía alimentaria, Gabriela González, e outras responsables do proxecto, así como o patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela e presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero.

O proxecto ao detalle

Capitán Mareas levará así aos escolares galegos e asturianos a visitar a súa lonxa máis próxima (Burela, Laxe, Ferrol, Ribeira, Fene, Sada, Baiona, Fisterra e Puerto de Vega). Unha vez na rula, os estudantes coñecerán as testemuñas do patrón maior e das mariscadoras, que relatarán o seu traballo diario no mar, as artes de pesca da zona e os diversos produtos en función da época do ano. Ademais, comprobarán como é o proceso de poxa.

Deste xeito, os beneficiarios da iniciativa tomarán conciencia da importancia dunha alimentación saudable e do peixe e marisco máis destacado de cada tempada para poder elaborar un menú semanal por equipos. Estes coñecementos poranos en práctica da man dos chefs galegos de A Artesa da Moza Crecha, Lolo Mosteiro e Paula Martínez, que se encargarán de ensinar a preparar aos escolares unha receita equilibrada cun peixe de tempada, que vai variando en función da lura.

O proxecto, impulsado por Vegalsa-Eroski, e apoiado por Mar, conta co respaldo do Grupos de Acción Local de Pesca (GALP) A Mariña-Ortegal, Costa da Morte, Ártabro Norte, Ría de Arousa, Golfo Ártabro Sur, Ría de Vigo-A Guarda, Seo de Fisterra-Ría de Muros e Noia, Costa Sostible, e CEDER Navia-Porcía, ademais do das Confrarías de Pescadores de Burela, Laxe, Ferrol, Fene, Ribeira, Sada, Baiona, Fisterra e Puerto de Vega, e da Dirección Xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias.

Compromiso coa dieta saudable

Vegalsa-Eroski, ao igual que o Goberno galego, leva anos sensibilizando aos futuros consumidores nos hábitos de vida saudables. A través dos programas Visita tu súper e Mates en tu súper, a compañía organizou máis de 900 obradoiros nos que achegou os supermercados a máis de 22.000 escolares, ensinando de forma práctica e divertida os beneficios de levar unha alimentación sa.

Esta compañía conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 287 establecementos propios e franquiciados. A súa estrutura comercial compleméntase cunha moderna plataforma de mercadorías loxística de última xeración, ademais das instalacións de produtos frescos de A Coruña e centros de distribución en Vigo e Ourense. Máis de 7.350 persoas conforman esta firma empresarial.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/04/2025
996874 {"title":"Arranca 'Capitán Mareas', o programa educativo de Vegalsa-Eroski respaldado por Mar para promover o consumo dos produtos marítimo-pesqueiros entre o público infantil","published_date":"2025-04-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/176008-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"996874"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-22/996874-arranca-capitan-mareas-programa-educativo-vegalsa-eroski-respaldado-mar-promover-consumo-dos-produtos-maritimo-pesqueiros-publico-infantil https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.