Medio Rural conciencia aos máis cativos cunha nova publicación dos Bolechas sobre os incendios forestais
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A titular do departamento asistiu esta mañá á presentación desta publicación, cuxo obxectivo é fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos lumes
- María José Gómez incidiu en que con estas iniciativas os nenos poden aprender como se xestiona a prevención e extinción dos lumes na nosa comunidade e o operativo existente para xestionar estas situacións
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Boqueixón (A Coruña), 22 de abril de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, asistiu esta mañá á presentación do novo libro dos Bolechas centrado nos lumes forestais, na que participaron preto dun cento de cativos. Tal e como explicou a conselleira, o obxectivo desta publicación é fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais, permitindo que tomen conciencia do valor dos bosques dende idades temperás.
María José Gómez incidiu en que grazas a estas publicacións os cativos aprenden como se xestiona a prevención e extinción dos lumes na nosa comunidade e o operativo existente para xestionar estas situacións Así, nenos e nenas poderán coñecer a ampla variedade de persoal que traballa na loita contra os lumes, dende axentes ambientais ata informáticos, bombeiros, pilotos ou emisoristas, entre moitos outros; así como as ferramentas, a maquinaria e o sistema de vixilancia que se emprega.
A conselleira explicoulle aos escolares que a prevención é o mellor xeito para loitar contra os incendios forestais, e que por iso dende a Dirección Xeral de Defensa do Monte se levan a cabo traballos deste tipo durante todo o ano, como a creación de cortalumes, a construción de depósitos de auga para usar en caso de incendio, xestionando a biomasa e abrindo camiños para acceder ás emerxencias.
Seguindo esta liña, remarcou que estas iniciativas son fundamentais para concienciar aos "adultos de mañá", para que sexan conscientes da importancia dos bosques e para que saiban como actuar no caso de detectar un lume forestal, chamando ao 085 ou ao 112.