Medio Rural destaca a Feira do Viño das Covas de Seadur como escaparate da gastronomía de calidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Larouco (Ourense), 19 de abril de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiron esta tarde á vixésima edición da Feira do Viño das Covas de Seadur, que se celebra esta tarde neste emblemático conxunto etnográfico, no concello ourensán de Larouco. Alí, Alemparte puxo en valor esta celebración, que serve como escaparate da gastronomía galega e do viño de calidade diferenciada, concretamente da Denominación de Orixe Valdeorras.