Portos de Galicia autoriza a Gardacostas a ocupación de dous departamentos en Ribeira con exención total de taxas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2025
Portos de Galicia vén de outorgar unha autorización administrativa a favor da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, para a ocupación de dous departamentos no porto de Ribeira. A autorización recolle un período de vixencia de 4 anos.
Os dous locais autorizados son o 1E do edificio de 8 departamentos e o 3D do edificio de 54. O primeiro deles é un departamento de planta baixa de 40 metros de superficie no exterior e 11 metros máis de zona exterior baixo aleiro. En canto ao departamento 3D, é tamén de planta baixa e ten unha superficie de 31 metros cadrados.
O título administrativo contempla a aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia para a exención do 100% das taxas por ocupación de dominio público ás administracións públicas para actividades directamente relacionadas coa vixilancia, represión de contrabando, protección civil, salvamento e loita contra a contaminación e defensa nacional. Por este motivo Gardacostas non terá que abonar importe algún polo uso dos dous departamentos de titularidade de Portos de Galicia.