Galicia alíase con cinco rexións europeas nun proxecto que destinará 9,3 M€ a buscar solucións innovadoras de adaptación ao cambio climático

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Os outros participantes na iniciativa, financiada con cargo ao programa Horizon Europe e que se porá en marcha esta primavera, son Guadeloupe e Estrasburgo, en Francia; Roma, en Italia; Banksa Bystrica, en Eslovaquia; e a illa grega de Egaleo
  • En tres destes lugares desenvolveranse proxectos piloto relacionados con olas de calor, sensibilización social e adaptación do turismo aos retos climáticos co fin de que os outros tres reproduzan e validen os casos de éxito nos seus territorios
  • Con esta iniciativa a Xunta intégrase nunha ampla rede internacional fronte ao quecemento global, composta por 28 entidades de toda a UE entre as que figuran centros de investigación, universidades, asociacións e entidades gobernamentais
Imagen del artículo Galicia alíase con cinco rexións europeas nun proxecto que destinará 9,3 M€ a buscar solucións innovadoras de adaptación ao cambio climático
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2025

Galicia participará xunto con outras cinco rexións e cidades europeas nun proxecto transnacional dirixido a buscar solucións efectivas e innovadoras para favorecer a adaptación ao cambio climático dos seus respectivos territorios e enfocadas nas necesidades existentes a nivel local e rexional.

Cun orzamento total de 9,3 millóns de euros —financiado con fondos europeos—, o denominado proxecto SystR porase en marcha no mes de maio e desenvolverase, ademais de en Galicia, no arquipélago francés de Guadeloupe; en Roma, Italia; na cidade eslovaca de Banksa Bystrica; na illa grega de Egaleo, e en Estrasburgo (Francia).

Para garantir o maior impacto posible do proxecto, que foi seleccionado na última convocatoria do programa marco para a investigación e a innovación Horizon Europe, todas as solucións que se propoñan se adaptarán e probarán en tres dos lugares participantes: Guadeloupe, Roma e Banksa Bystrica. Os proxectos piloto de adaptación que se leven a cabo neles, relacionados con olas de calor, sensibilización social e adaptación do turismo, entre outros, reproduciranse despois nas rexións coas que estean emparelladas para que validen os casos de éxito nos seus propios territorios. 

Esta metodoloxía baseada en dividir aos seis participantes para poder replicar as experiencias piloto asegurará unha aplicación e un impacto máis amplos xa que permite transferir con rapidez as solucións de máis éxito. No caso de Galicia, replicaranse as propostas innovadoras de adaptación creadas nas illas Guadeloupe, en concreto, para previr ou minimizar a posible incidencia do clima sobre o turismo de costa xa que ambas rexións comparten un carácter eminentemente costeiro e tamén son zonas turísticas.

Grazas a este proxecto, ademais, a Xunta pasará a integrarse nunha ampla rede internacional que traballa a prol da adaptación ao quecemento global, artellada arredor dun consorcio composto por 28 entidades de distintos países da UE entre as que figuran centros de investigación de prestixio, varias universidades —incluída a Universidade de Vigo—, asociacións medioambientais e entidades gobernamentais.

Sobre elas recaerán, precisamente, as distintas tarefas a desenvolver durante os catro anos de duración do proxecto (ata xuño de 2029). En concreto e para acadar o obxectivo de resiliencia ante o cambio climático a nivel local e rexional, crearase unha ferramenta de apoio á adaptación que agrupará diferentes sectores, obxectivos e solucións; deseñarase un marco de traballo comunitario que mobilice á sociedade, e probaranse solucións que aborden os retos do clima e as súas vulnerabilidades e riscos sistémicos.

Así mesmo, os membros do consorcio abordarán a creación de esquemas de gobernanza que melloren a cooperación a múltiples escalas e follas de ruta financeira para garantir a captación de fondos. Por último, tamén deseñarán solucións integradas de resiliencia baseadas na natureza, en liña cos obxectivos da infraestrutura verde.

No caso de Galicia, será a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático a encargada de impulsar as accións necesarias para replicar na comunidade as solucións climáticas que se deseñen para as illas Guadeloupe, en coordinación co resto de socios.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 19/04/2025
994330 {"title":"Galicia alíase con cinco rexións europeas nun proxecto que destinará 9,3 M€ a buscar solucións innovadoras de adaptación ao cambio climático","published_date":"2025-04-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"994330"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-19/994330-galicia-aliase-cinco-rexions-europeas-nun-proxecto-destinara-9-3-m-buscar-solucions-innovadoras-adaptacion-ao-cambio-climatico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.