A Xunta declara proxecto de interese autonómico a Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Rueda salienta que o proxecto que o Real Club Celta de Vigo está desenvolvendo en Mos "transcende o ámbito municipal" pola súa repercusión económica, social e cultural
  • O obxectivo é consolidar Galicia coma "referente internacional da formación, a investigación e a industria do deporte"
  • Este complexo contará con tres infraestruturas relevantes: a Cidade Deportiva Afouteza, o Centro Integral para a Capacitación da Industria do Deporte e a área de servizos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello "aprobou declarar proxecto de interese autonómico á Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 que Real Club Celta de Vigo está desenvolvendo no concello de Mos". Unha decisión que se toma porque "é unha iniciativa que transcende o ámbito municipal" pola súa repercusión económica, social e cultural.

Esta declaración é un procedemento regulado na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de Ordenación do Territorio de Galicia. Cómpre lembrar que en decembro de 2023 se recibiu o informe ambiental estratéxico (IAE) da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no que se conclúe non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria o proxecto, ao considerar que non se producirán efectos significativos no ambiente. 

O título I da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia indica que os proxectos de interese autonómico, que se configuran como instrumentos de intervención directa na ordenación da comunidade, que teñen por obxecto planificar e proxectar a execución inmediata de actuacións que transcenden o ámbito municipal pola súa incidencia territorial, económica, social ou cultural, a súa magnitude ou as súas singulares características que as fagan portadoras dun interese supramunicipal cualificado, que non teñan previsión nin acomodo no planeamento urbanístico. Neste caso, seguíronse todos os trámites fixados nesta norma para a aprobación do proxecto de interese autonómico da Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360. 

A declaración permitirá "axilizar os trámites e a execución das actuacións que sexan necesarias", indicou Rueda, quen explicou que este proxecto busca converter Galicia "nun referente internacional da formación, investigación e industria do deporte" e que se trata dun eido "que está a vivir un dos seus mellores momentos e que é un dos embaixadores da marca Galicia".

O futuro complexo deportivo contará con con tres agrupacións de infraestruturas: a Cidade Deportiva Afouteza, o Centro Integral para a Capacitación da Industria do Deporte e a área de servizos. Deste xeito, tanto polo ámbito deportivo competitivo como pola súa vertente económica e de desenvolvemento, este proxecto que transcende o ámbito municipal, defende a idea do deporte como unha actividade de interese público que coadxuva ao crecemento e á cohesión social, á igualdade de xénero, a mellorar o benestar da cidadanía, fortalecendo o carácter transversal do sistema deportivo galego. 

Tres infraestruturas relevantes

A Cidade Deportiva Afouteza consiste nun conxunto integrado de edificacións e instalacións ao servizo do deporte coa finalidade de dotalo da infraestrutura necesaria tanto para as esixencias "da preparación de alto rendemento" e seguimento dos deportistas das categorías de fútbol profesional do club como para a promoción, fomento e "formación das novas xeracións de deportistas". 

Paralelamente, o proxecto conta tamén conta cunha importante presenza das vertentes educativa, de innovación e de desenvolvemento do sistema deportivo, e principalmente centrados no Centro Integral para a Capacitación da Industria do Deporte que será un centro dinamizador e modernizador do seu tecido empresarial que sexa un referente non só na Comunidade autónoma ou no noroeste peninsular, senón no ámbito nacional e internacional, e un investimento estratéxico para o seu futuro. Rueda explicou que contará "cun centro de formación, un centro de alto rendemento médico orientado á rehabilitación deportiva", un centro demostrador da tecnoloxía para presentar produtos e "un centro tecnolóxico de innovación" do deporte con espazo para startups e lugares de reunión e traballo, así como un centro de eventos e conferencias cun auditorio con capacidade para 500 persoas. 

O proxecto complétase coa Área de Servizos, destinado a complementar a oferta de actividades e servizos deportivos con instalacións cubertas para a práctica de distintas actividades deportivas complementarias ás da Cidade Deportiva Afouteza para o ocio e actividades comerciais e profesionais relacionadas co deporte e a saúde.   

En definitiva, o proxecto de interese autonómico converterá a Factoría do Deporte Galego - Galicia Sports 360 nunha iniciativa cun interese supramunicipal cualificado que vai máis aló do ámbito deportivo. Conta coa capacidade para ser un complexo necesario que fortaleza a industria do deporte en Galicia e promova o seu desenvolvemento. A modernización do tecido empresarial galego posibilitará que o proxecto sexa un referente a nivel nacional e internacional, así como unha inversión estratéxica para o futuro. Preténdese así, a creación dunha sede dun nodo de tecnoloxía do deporte a semellanza doutros xa implantados en Europa, do que actualmente carece Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/04/2025
991491 {"title":"A Xunta declara proxecto de interese autonómico a Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360","published_date":"2025-04-14","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/174234-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"991491"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-14/991491-xunta-declara-proxecto-interese-autonomico-factoria-do-deporte-galego-galicia-sports-360 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.