Belén do Campo destaca o investimento da Xunta de preto de 374.000 €, a través do Galp Costa Sostible, para a posta en marcha de apartamentos turísticos e un restaurante en Carnota e Dumbría

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A representante do Goberno autonómico lembrou que no ano 2023, aprobáronse neste Galp 8 proxectos que contaron cunha axuda de máis de 755.000 € e no ano 2024 aprobáronse 15 proxectos cun importe de axuda de preto de 1,7 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Carnota/Dumbría (A Coruña), 14 de abril de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo presidente do Galp Costa Sostible, Mariano Lago, visitou dúas das accións levadas a cabo coas axudas desta entidade da convocatoria do ano 2023. Concretamente no concello de Carnota, os novos apartamentos en Porto de Quilmas, que contou cunha axuda de 200.000 euros, e en Dumbría o novo restaurante O Salgadoiro que contou cunha achega do Goberno autonómico de case 174.000 euros.

A representante do Goberno autonómico visitou en Carnota o novo establecemento hoteleiro de sete apartamentos ecolóxicos Refuxos de Porto Quilmas, a modo de cabanas de pescadores, ademais, construíse un almacén e unha piscina. Trátase dunha intervención novidosa tanto polos materiais empregados (panel contralaminado CLT, madeiras naturais e cortiza) como pola forma de adaptarse a unha parcela en pendente, na que se encontra coas tradicionais casetas de pescadores. 

O investimento total foi de máis de 568.000 euros a e axuda recibida do Galp de 200.000 euros respondendo ás finalidades de favorecer a loita contra o cambio climático a través do emprego de materiais sostibles como a madeira, de levar a cabo unha intervención respectuosa coa paisaxe, da posta en valor da actividade pesqueira e da creación de postos de traballo da dinamización da zona costeira, fomentando un turismo responsable e respectuoso co medio ambiente. O obxectivo estratéxico no que se encadra esta actuación foi o fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector de pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

No concello de Dumbría visitou o restaurante o Salgadoiro que transformou un antigo salgadoiro na praia do Ézaro nun local de restauración que se integra no selo quilómetro cero de Margalaica.  

O investimento total foi de máis de 482.000 euros e recibiron unha axuda de case 174.000 euros, respondendo á finalidade de contribuír á dinamización da zona a través da creación de emprego, á fixación de poboación no rural e a incrementar a oferta gastronómica de calidade. O obxectivo estratéxico no que se encadra esta actuación é a economía azul e a  diversificación, a través da posta en marcha dun local de restauración baseado nos recursos pesqueiros, acompañado da posta en valor do patrimonio marítimo xa que supón a rehabilitación dun salgadoiro.

Na visita, a delegada subliñou que esta liña de axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa), fai posible promocionar un modelo de desenvolvemento sostible dotando as zonas costeiras de servizos que potencien a conexión do turismo co mar. Tamén resaltou que, paralelamente, permiten dotar de maior dinamismo ás poboacións de litoral aproveitando de xeito sustentable o patrimonio medioambiental e reducindo a pegada de carbono.

Os GALP

Galicia conta con oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que actúan sobre un territorio onde se asenta máis da metade da poboación de Galicia (o 55%). 

O Galp Costa Sostible agrupa a un total de 41 entidades das cales, o 36,58% representa o sector social, o 26,82% o sector pesqueiro, o 22,5% o sector público e o 14,63% o sector económico. Esta entidade da cobertura aos concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son; ocupando unha superficie total de 593,4 Km2, cunha poboación actual de 58.613 habitantes.

A representante do Goberno autonómico lembrou que, no ano 2023, aprobáronse neste Galp 8 proxectos que contaron cunha axuda de máis de 755.000€ e no ano 2024 aprobáronse 15 proxectos cun importe de axuda de preto de 1,7 millóns de euros.

Belén do Campo destacou "o alto valor engadido da colaboración das entidades locais do GALP Costa Sostíbel na dinamización das zonas costeiras a través dos proxectos executados".  A delegada lembrou "o labor vital" dos Grupos de Acción Local Pesqueira cumplindo o seus obxectivos estratéxicos, entre os que citou a creación de empresas e xeración de emprego, a mellora e posta en valor da industria transformadora e comercializadora, o pulo ao desenvolvemento dun sector turístico sostible e a participación nos procesos de conservación patrimonio marítimo pesqueiro.

Belén do Campo lembrou que no período 2016-2024 os oito Galp galegos desenvolveron 703 proxectos que catalizaron máis do 53% de investimento privado, achegando un total de 80 millóns de euros.

Orde 2025-2027

Belén do Campo referiuse tamén á orde deste ano, que o mes pasado pechou o prazo de solicitudes, que conta cunha dotación plurianual de 14,6 M€ ata o 2027.

Nesta liña, indicou que entre os posibles beneficiarios estarán as confrarías de pescadores e as súas federacións, as asociacións profesionais do sector pesqueiro, entidades públicas locais, e entidades sen animo de lucro e os particulares, entre outros. A finalidade, segundo dixo, "é impulsar proxectos que incidan na creación de emprego, promocionen a innovación, a economía azul, o patrimonio cultural marítimo ou o aproveitamento do patrimonio medioambiental".

Na nova orde simplificouse o acceso a estes apoios mediante a exención de garantías na realización de pagos a conta. Unha medida pioneira, xa que é a primeira vez que se introduce nesta orde de axudas, co obxectivo de que as iniciativas elixidas poidan beneficiarse dun xeito máis áxil e doado destes recursos para o desenvolvemento dos proxectos. 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/04/2025
991485 {"title":"Belén do Campo destaca o investimento da Xunta de preto de 374.000 €, a través do Galp Costa Sostible, para a posta en marcha de apartamentos turísticos e un restaurante en Carnota e Dumbría","published_date":"2025-04-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/174875-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"991485"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-14/991485-belen-do-campo-destaca-investimento-da-xunta-preto-374-000-traves-do-galp-costa-sostible-posta-marcha-apartamentos-turisticos-e-restaurante-carnota-e-dumbria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.