A Xunta ofrece unha completa panorámica da actual produción audiovisual galega na nova edición do seu catálogo 'Films from Galicia'

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Recolle información sobre 62 traballos, 48 deles a piques de chegar á pantalla e outros tantos realizados co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través das diferentes liñas de subvencións ao sector
  • A publicación edítase en inglés, con versións física e dixital interactiva, para a súa distribución en mercados e feiras de referencia internacional
Imagen del artículo A Xunta ofrece unha completa panorámica da actual produción audiovisual galega na nova edición do seu catálogo 'Films from Galicia'
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

A Xunta de Galicia acaba de lanzar a nova edición do seu catálogo Films from Galicia, que ofrece unha completa panorámica da actual produción galega de cinema e televisión para a súa promoción nos principais mercados e feiras do sector a nivel internacional.

A compilación de 2025 reúne 62 novos títulos do audiovisual galego, dos que 14 foron estreados recentemente e os 48 restantes están ultimando a súa próxima chegada á gran e pequena pantalla. Tamén son 48 as producións desta escolma que contaron con financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dalgunha das liñas de subvencións ao sector que xestiona a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

É o caso das dúas películas que veñen de marcar un fito para o audiovisual galego coa súa selección na Sección Oficial do Festival de Cannes -Sirat, de Oliver Laxe, e Romería, a película que Carla Simón rodou na provincia de Pontevedra-, así como dos últimos traballos de cineastas como Noemí Chantada, Santos Díaz, Anxos Fazáns, Andrés Goteira, Ángeles Huerta, Lois Patiño, Sandra Sánchez, Ángel Santos, Diana Toucedo ou Alfonso Zarauza, entre moitos outros.

Todas as producións (30 películas de ficción, 21 documentais, catro obras de animación e sete formatos televisivos) dispoñen da súa propia entrada no catálogo, onde se poden consultar a ficha artística e técnica, a sinopse, a imaxe do cartel, o palmarés e os contactos para a venda e distribución. Inclúe, así mesmo, unha listaxe das correspondentes compañías produtoras.

Música de De Ninghures para o vídeo promocional

Como en anos anteriores, a publicación edítase en inglés, con versión física e dixital interactiva, e acompáñase dun vídeo promocional para o que, neste caso, se conta coa música do grupo galego De Ninghures co tema O último baile, inserido no seu novo traballo discográfico.

A través da marca Films from Galicia, o Goberno galego contribúe a impulsar a proxección exterior do noso audiovisual, así como a poñer en valor a calidade e a variedade da oferta galega, ademais de contribuír á difusión de Galicia como escenario de rodaxe. Con ela estará apoiando, por exemplo, a representación galega no festival de Cannes e no Marché du Film que se desenvolve en paralelo ao prestixioso certame francés.

Esta compilación compleméntase coa das curtametraxes do catálogo Shorts from Galicia, que comezou a difusión da edición de 2025 o pasado mes de febreiro durante a celebración do mercado profesional asociado a festival de Clermont-Ferrand, tamén en Francia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/04/2025
991424 {"title":"A Xunta ofrece unha completa panorámica da actual produción audiovisual galega na nova edición do seu catálogo 'Films from Galicia'","published_date":"2025-04-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/174694-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"991424"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-14/991424-xunta-ofrece-unha-completa-panoramica-da-actual-producion-audiovisual-galega-na-nova-edicion-do-seu-catalogo-films-from-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.