Ángeles Vázquez e o alcalde da Guarda avalían a iniciativa para constituír a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Miño-Minho
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Esta proposta implicaría dotar desta figura de protección unha superficie de máis de 140.000 ha que englobaría 12 concellos galegos e 5 portugueses
- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático pon en valor que en Galicia se localizan sete espazos recoñecidos como Reserva da Biosfera e que, ademais, o 42% do territorio galego está amparado na actualidade por algunha figura de protección
- Durante o encontro, Ángeles Vázquez comprometeuse a solicitar unha reunión ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para exixirlle que acometa o proxecto do dragado do tramo internacional do río Miño
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2025
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da Guarda, Roberto Álvarez, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente en Santiago de Compostela a iniciativa para constituír a Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Miño.
Segundo lle explicou o rexedor á conselleira, esta proposta implicaría dotar desta figura de protección unha superficie de máis de 140.000 ha que englobaría aos concellos galegos de Oia, Baiona, Nigrán Tomiño, Gondomar, A Guarda, Tui, O Rosal, O Porriño, Mos, Salvaterra do Miño e As Neves así como aos municipios portugueses de Caminha, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova de Cerveira.
De acadar este recoñecemento, converteríase na segunda reserva da biosfera transfronteiriza entre Galicia e Portugal xa que se sumaría a do Gerês-Xurés, que destaca pola súa singularidade e dimensión cunha extensión de cerca de 260.000 hectáreas de superficie, das que máis de 63.000 hectáreas están en territorio galego.
Durante o encontro, no que tamén estivo presente o secretario técnico da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) Río Minho, José Antonio Piñeiro, a conselleira puxo en valor que en Galicia se localizan sete espazos recoñecidos como Reserva da Biosfera e que, ademais, o 42% do territorio galego está amparado na actualidade por algunha figura de protección.
A maiores, Ángeles Vázquez lembrou que o Goberno galego está a promover a declaración dunha oitava reserva na Comunidade, que tería como núcleo a zona do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e estendería a súa área de influencia desde Baiona ata Porto do Son por toda a costa.
Nesa liña, a conselleira avogou por impulsar iniciativas que favorezan a restauración e conservación dos ecosistemas e, ao mesmo tempo, permitan levar a cabo unha planificación que teña en conta o impacto turístico co fin de promover as actividades socioeconómicas nesas contornas.
Neste sentido, durante o encontro, a conselleira comprometeuse a solicitar unha reunión ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para exixirlle que acometa o proxecto do dragado do tramo internacional do río Miño.