Román Rodríguez anuncia un novo investimento de 650.000€ para mellorar as instalacións do colexio Calvo Sotelo de O Carballiño

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Xunta e o Concello asinan un protocolo de colaboración que permitirá renovar o pavillón, construír vestiarios e cubrir o patio do centro educativo
  • A Consellería de Educación ten en marcha tamén a construción dun edificio para talleres de FP no Instituto Manuel Chamoso Lamas, cun investimento de case 2,4M€

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

O Carballiño (Ourense), 12 de abril de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asinou hoxe un protocolo de colaboración co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, para executar un investimento de máis de 650.000€ que permitirá mellorar as instalacións do Colexio CEIP Calvo Sotelo, un centro que dá servizo a máis de 400 alumnos. 

Grazas a este acordo, levarase a cabo a construción de novos vestiarios, o acondicionamento do pavillón deportivo e a cubrición do patio exterior. A previsión é que as obras, que se realizan no coñecido como edificio Uceira do colexio, se executen ao longo de 2026. 

O titular do departamento educativo do Goberno galego destacou a importancia da colaboración institucional para dar resposta ás necesidades da comunidade educativa. O Goberno galego asumirá a maior parte do financiamento, 500.000€, mentres que o Concello do Carballiño se compromete a achegar 150.000€.

Esta nova actuación vén complementar outras melloras realizadas nos últimos anos no  Colexio CEIP Calvo Sotelo, co obxectivo de modernizar progresivamente as súas instalacións. Entre elas destacan as melloras sectoriais e de acondicionamento do ximnasio, cun importe de case 200.000€

Compromiso co Carballiño

Román Rodríguez destacou que a Consellería de Educación está tamén a executar a ampliación do Instituto IES Manuel Chamoso Lamas, tamén no Carballiño, cun investimento de case 2,4M€.

Para iso, estase a construír un novo edificio de 1.581m², que se prevé que entre en funcionamento no curso 2025/2026. No andar superior habilitaranse tres novas aulas, ademais de aseos, almacén, conserxería, vestíbulo e distribuidor. No andar baixo haberá talleres de mecanizado e soldadura, vestiarios, espazos de almacenamento, cuarto de telecomunicacións, distribuidor, vestíbulo e recepción.

"Todas estas intervencións evidencian o compromiso continuado da Xunta cos centros do Carballiño a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica, a folla de ruta coa que estamos a transformar e adaptar os colexios e institutos aos retos actuais do ensino", subliñou o conselleiro. A través deste plan, e tendo en conta as novas actuacións no colexio, estanse a investir máis de 3M€ neste concello ourensán.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/04/2025
989903 {"title":"Román Rodríguez anuncia un novo investimento de 650.000€ para mellorar as instalacións do colexio Calvo Sotelo de O Carballiño","published_date":"2025-04-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/174482-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"989903"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-12/989903-roman-rodriguez-anuncia-novo-investimento-650-000-mellorar-as-instalacions-do-colexio-calvo-sotelo-carballino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.