A Xunta convoca axudas por 5 M€ para apoiar aos concellos de menos de 20.000 habitantes na mellora das súas redes de saneamento e de abastecemento

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez anuncia que a partir do 23 de abril as entidades locais interesadas poderán acollerse a axudas de ata 45.000 € para realizar obras que minimicen as fugas nas traídas municipais e as infiltracións de augas naturais á rede sen depurar
  • Este tipo de achegas permitirán darlle continuidade ao traballo realizado naqueles municipios que contan cunha auditoría feita aos seus sistemas de abastecemento
  • No caso concreto de Toques, o estudo realizado o ano pasado conclúe que as perdas de auga potable actuais na rede do municipio poderían reducirse significativamente

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Toques (A Coruña), 12 de abril de 2025

A Xunta de Galicia acaba de convocar dúas ordes de axudas por un importe global de 5 millóns de euros —2,5 millóns cada unha— dirixidas a apoiar a entidades locais de menos de 20.000 habitantes na execución de diferentes actuacións co obxectivo de mellorar o funcionamento das súas redes municipais de abastecemento e de saneamento.

Durante unha visita a Toques para dar a coñecer estas achegas, publicadas onte no Diario Oficial de Galicia, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que os concellos interesados terán un mes a partir do vindeiro 23 de abril para presentar as súas solicitudes e optar a achegas que, como máximo, poderán ser de 45.000 euros por actuación e cubrir o 100% dos investimentos subvencionables.

En concreto e co fin de darlle continuidade ao traballo realizado nos concellos que xa contan cunha auditoría sobre o estado das súas redes de abastecemento, a responsable autonómica salientou que Augas de Galicia vén de convocar por segundo ano consecutivo axudas para financiar obras que optimicen as traídas municipais e reduzan ao mínimo as posibles perdas de auga.

Este é o caso de Toques, un concello que, precisamente, o ano pasado se beneficiou dunha axuda da Xunta de 5.808 euros para realizar unha análise detallada do seu sistema de abastecemento así como das actuacións que serían necesarias para mellorar o seu funcionamento actual. Por iso, Ángeles Vázquez animou ao alcalde a seguir adiante nesa liña de traballo e aproveitar a nova convocatoria de subvencións de Augas de Galicia para intentar poñer en marcha as melloras sinaladas na auditoría.

Neste sentido, cómpre subliñar que se estima que coa implementación do plan completo de actuacións proposto no municipio para os próximos anos se podería chegar a reducir á sexta parte as actuais perdas e fugas de auga potable, o que suporía unha notable mellora na garantía do abastecemento para os case 1.100 veciños de Toques.

A maiores, a conselleira explicou que as entidades locais de menos de 20.000 habitantes con proxectos para mellorar o funcionamento da súa rede de saneamento tamén poderán solicitar este ano axudas para executar obras que reduzan as infiltracións de augas brancas (auga limpa de orixe natural que chega á rede e hai que depurar).

Cun límite neste caso de 45.000 euros por subvención, este tipo de achegas contribúen a incrementar a calidade e a eficacia de todo o sistema de depuración e o cumprimento dos obxectivos ambientais nun escenario de cambio climático.

Máis de 15 M€ en achegas desde 2019

O compromiso da Xunta co proceso de mellora dos sistemas de abastecemento, saneamento e depuración municipais tradúcese desde hai anos nun esforzo continuo por apoiar ás administracións locais e ás comunidades de usuarios particulares na optimización dos sistemas de xestión dos recursos hídricos para acadar os obxectivos establecidos no Perte de dixitalización do ciclo da auga.

Esta colaboración plasmouse no período 2019-2024 en máis de 15 millóns de euros canalizados a través de diferentes ordes de subvencións, cunha media de arredor de 125 axudas anuais concedidas e prestando sempre nas sucesivas convocatorias unha atención especial ás necesidades dos municipios máis pequenos e ao rural galego.

A necesidade deste apoio económico por parte de Augas de Galicia resulta se cabe máis importante nunha comunidade como a galega, caracterizada por unha gran dispersión e que supera os 30.000 núcleos de poboación, máis da metade dos que hai en toda España; unha realidade territorial complexa e dispersa que conformou uns sistemas de abastecemento e de depuración tamén difíciles de xestionar.

Neste sentido, Augas de Galicia segue intensificando o seu apoio para mellorar a calidade dos servizos hidráulicos na Comunidade, como demostra a contía reservada ás nove liñas de axudas que convocará este ano (por máis de 8,5 millóns de euros) e que practicamente duplica os fondos distribuídos en 2024 a través de subvencións.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/04/2025
988539 {"title":"A Xunta convoca axudas por 5 M€ para apoiar aos concellos de menos de 20.000 habitantes na mellora das súas redes de saneamento e de abastecemento","published_date":"2025-04-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/174247-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"988539"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-12/988539-xunta-convoca-axudas-5-m-apoiar-aos-concellos-menos-20-000-habitantes-na-mellora-das-suas-redes-saneamento-e-abastecemento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.