Medio Rural conciencia á mocidade sobre a importancia dos bosques cunha plantación de frondosas autóctonas no concello de Boqueixón
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou esta mañá nunha plantación con escolares
- Chan sinalou que estas actividades serven para concienciar sobre a importancia destes ecosistemas; así como para sensibilizar á xente nova sobre a necesidade da súa protección, ordenación e fomento
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Boqueixón (A Coruña), 11 de abril de 2025
O director xeral de Planificación de Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe nunha plantación de frondosas autóctonas con escolares no Pico Sacro, na que tamén estivo presente o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro.
José Luis Chan destacou que este tipo de actividades son de especial interese para poñer en valor os bosques e as árbores entre a mocidade. Así, sinalou que estas plantacións serven para concienciar sobre a importancia destes ecosistemas; así como para sensibilizar á xente nova sobre a necesidade da súa protección, ordenación e fomento.
Cómpre lembrar que as árbores plantadas hoxe forman parte dos preto de 8.000 exemplares cedidos polo Goberno autonómico a diferentes centros de ensino, concellos e comunidades de montes veciñais de toda Galicia para realizar estas plantacións no marco do Día Internacional dos Bosques.