A Xunta informa ás entidades usuarias do complexo deportivo de Elviña I do inminente inicio das obras de mellora
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O xerente da Fundación Deporte Galego e a empresa concesionaria reuníronse con representantes dos clubs
- Manteranse os servizos de fitness, natación e actividades dirixidas, e haberá peches temporais do pavillón e dos campos de fútbol
- O obxectivo é dotar a cidadanía de instalacións deportivas axeitadas para a práctica do deporte e da actividade física
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 11 de abril de 2025
A Xunta abordou hoxe coas entidades usuarias do Complexo Deportivo de Elviña I o inminente inicio das obras de mellora, que contará cun investimento de 2,8 millóns de euros. Segundo informaron o xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, e responsables da empresa concesionaria, Forus, nunha xuntanza mantida hoxe con representantes das entidades usuarias das instalacións co obxectivo é compaxinar a reforma co uso das instalacións, nas que haberá peches parciais dos espazos.
Así, manteranse os servizos de fitness, natación e actividades dirixidas, mentres que o pavillón e os campos de fútbol permanecerán pechados do 2 de maio ao 24 de outubro no primeiro caso e do 2 de xuño ao 3 de outubro no segundo. As gradas do campo de fútbol e a galería pecharanse tamén do 2 de xuño ao 21 de novembro. Deste xeito, prevese que a finais de ano estean rematadas as actuacións previstas.
No pavillón renovarase a cuberta e a estrutura, ademais de substituír a tarima de madeira, nos campos de fútbol renovarase o céspede artificial e instalarase un novo sistema de iluminación, e nas gradas e galería do campo de fútbol realizaranse melloras na cuberta, na estrutura e no pavimento de acceso. A substitución do céspede supón un custo a maiores de 650.000 euros.
Cómpre lembrar que actualmente empregan este complexo o Club Basquet Coruña, Ural-Español C.F., Victoria C.F., Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol, Oza Juvenil S.D., Impérator O.A.R, Club Silva S.D, o club de fútbol Liceo de Monelos S.D., Relámpago S.D., a escola de patinaxe Galicia Rollers, o club de patinaxe ADC Alquimia Inline, Club Baloncesto Xerion e o C. D. Seguridade Galega de fútbol sala.
A reunión enmárcase no contacto continuo e diálogo coas entidades e atenderanse peticións individuais de espazos ou instalacións ante necesidades puntuais dos clubes implicados, das que se estudará a súa posible viabilidade.
No encontro informouse tamén das actuacións de urxencia que se está a executar no complexo da Sardiñeira para a reparación da cuberta, cun investimento superior aos 300.000 euros e que se prolongarán ata setembro.
Melloras nas instalacións deportivas coruñesas
As melloras no Complexo Deportivo de Elviña I súmanse ás realizadas o pasado ano no de Monte das Moas cun investimento superior aos 762.000 euros e en 2023 nos pavillóns de Monte Alto e Agra II por importe de 490.000 e 444.000 euros respectivamente. A maiores, están previstas obras en Elviña II por un montante de máis de 1 millón de euros.
As iniciativas enmárcanse no compromiso do Goberno galego co benestar e a saúde da cidadanía, dotando a poboación galega dunhas instalacións deportivas axeitadas para a práctica do deporte e a actividade física.
Así, xunto con proxectos coma estes a Xunta destinou en 2024 uns 22 millóns de euros a 400 actuacións en infraestruturas deportivas da comunidade. Neste montante, inclúense 17,5 millóns en instalacións de titularidade autonómica, municipal ou de entidades deportivas, así como os proxectos beneficiarios das axudas de 5 millóns de euros do fondo adicional de Fondo de Cooperación Local para melloras de eficiencia enerxética nestas instalacións.