Gómez Caamaño trasládalle á Valedora do pobo o traballo da Xunta para mellorar os tempos de espera, paliar o déficit de profesionais e evitar as agresións
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Sanidade mantivo unha xuntanza con María Dolores Fernández Galiño na que informou da evolución dos tempos medios das listas de espera do Servizo Galego de Saúde
- En 2024 a sanidade pública galega superou as 200.000 cirurxías e incrementou nun 10,7 % as operacións urxentes, prioridade 1, reducindo en 3,5 días o tempo de espera
- O titular da carteira sanitaria da Xunta agarda que tras esta reunión, se manteña unha canle estable de diálogo entre ambas as institucións co obxectivo de mellorar a calidade asistencial e responder mellor ás necesidades da poboación
- Informou do inicio da tramitación da reforma da Lei de Saúde de Galicia para previr e facer fronte ás agresións ao persoal dos servizos sanitarios e do proceso en curso de revisión dos protocolos fronte á violencia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, mantiveron esta mañá unha xuntanza na que o titular da carteira sanitaria da Xunta lle trasladou as medidas que está a adoptar a Xunta para mellorar a atención sanitaria na comunidade.
Durante a reunión, Gómez Caamaño apuntou que o Executivo galego está a mellorar os tempos de espera para acceder a unha intervención cirúrxica e a tamén os que atinxen ás consultas co especialista. Neste sentido, Galicia segue a manterse como unha das comunidades autónomas que posúe as listas de espera más baixas de toda España.
Cómpre lembrar que en 2024 a sanidade pública galega superou as 200.000 cirurxías nun só ano, conseguindo, ademais unha lixeira redución do tempo de espera con respecto ao ano anterior. Ademais logrouse incrementar un 10,7 % as operacións de prioridade 1, reducindo en 3,5 días o tempo medio de espera; fixéronse un 2,7 % máis de consultas co especialista cunha redución de 12,5 días no tempo medio de espera; e aumentáronse en máis dun 12,7 % as operacións a persoas maiores.
O conselleiro incidiu en que o compromiso da Xunta por mellorar os tempos de acceso á sanidade pública é firme e niso está a centrar o traballo, a pesar da especial dificultade que ten acadar este obxectivo nun contexto como o actual, no que existe un importante déficit de médicos no sistemas nacional de saúde. Gómez Caamaño explicou que malia que o Executivo galego está a tomar medidas, dentro das súas competencias, é o Ministerio de Sanidade quen pode adoptar medidas urxentes para reverter esta falta de profesionais.
Dentro do ámbito do persoal sanitario, Gómez Caamaño apuntou que o Servizo Galego de Saúde está a traballar nun novo Plan de Recursos Humanos co que poderá avaliar as necesidade a curto, medio e longo prazo do sistema sanitario público galego.
Así mesmo, entre os temas abordados na xuntanza, tamén estivo o inicio da modificación a Lei de Saúde de Galicia para tratar de evitar as agresións físicas e verbais contra o persoal do Servizo Galego de Saúde. Deste xeito, entre outras medidas, Goberno galego personarase nos procedementos penais por agresión ao persoal dos servizos sanitarios. Ademais, informou de que actualmente está en marcha un proceso de revisión dos protocolos fronte ao risco de violencia na sanidade.
Pola súa banda, a Valedora do Pobo informou ao responsable da Sanidade galega dos principais motivos de preocupación que recibe a institución en relación coa Sanidade pública.
Gómez Caamaño agradeceu este primeiro encontro coa Alta Comisionada do Parlamento de Galicia amosándose confiado en que, tras esta primeira xuntanza, se manterá unha canle estable de diálogo entre as institucións, co obxectivo de mellorar a calidade asistencial e responder mellor as necesidades da poboación.