Villares reivindica o mar de Galicia e o seu patrimonio cultural como elementos claves na actividade económica que xera o turismo en España
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Burela, 10 de abril de 2025
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este xoves na inauguración da xornada Rede de Turismo Pesqueiro de España, organizada a través da Fundación Expomar, co fin de promover e poñer en valor o patrimonio cultural e marítimo das zonas costeiras. A este respecto, o responsable autonómico reivindicou as potencialidades do litoral galego como elementos que impulsan a actividade económica que xera o turismo no noso país, ao tempo que puxo en valor os tres piares do Goberno galego para contribuír a este fin. Neste senso, citou a Estratexia da Economía Azul, o Plan da Cultura Marítima de Galicia e os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALPs); tres liñas de actuación coas que a Administración autonómica aposta pola sostitibilidade e competitividade dun sector que, Villares, cualificou de estratéxico para o Produto Interior Bruto da comunidade.
O evento, dirixido a profesionais dos sectores pesqueiro, náutico, hostaleiro e turístico, incluíu, ademais das ponencias sobre a temática indicada e un espazo de debate sobre a mesma, unha actuación musical A música do noso mar a cargo da Fundación Legar, con Xabier Blanco e Martina Ferradás, que ofreceron un repertorio inspirado na tradición mariñeira. O encontro, que rematou cunha degustación de produtos locais, e destinado a difundir a calidade dos produtos marítimo-pesqueiros que alberga a costa cantábrica e atlántica de Galicia, enmárcase na actividade que impulsa a Rede de Turismo Pesqueiro de España, proxecto financiado con fondos procedentes do programa de recuperación da Unión Europea "Next Generation", e da que forma parte a Fundación Expomar, sendo o coordinador o Consorcio de Turismo Sostible da Costa Occidental de Huelva.