A Xunta promociona o viño da Ribeira Sacra e o Mel de Galicia no 4º Campionato de España de Pizzas Gourmet
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira do Medio Rural fixo entrega esta tarde do galardón ao cociñeiro Pablo Huertas, do restaurante Mariupizza de Alcoy (Alacante), nun concurso patrocinado polo Goberno galego dentro da feira alimentaria que remata hoxe en Madrid
- Nesta proba tiveron un papel protagonista destacado os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Madrid, 10 de abril de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo entrega esta tarde do premio ao mellor pizzeiro de España 2025 a Pablo Huertas, do restaurante Mariupizza de Alcoy (Alacante). Foi no marco do Salón Gourmets, Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade que remata hoxe a súa edición número 38 en Madrid.
A titular de Medio Rural puxo en valor que este campionato foi patrocinado pola Xunta e nel tiveron un papel protagonista os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Así, todos os concursantes neste certame fixeron unha maridaxe das súas preparacións con estes viños galegos de calidade diferenciada, e valorouse ademais a mellor receita coa IXP Mel de Galicia.
María José Gómez participou neste acto como parte do seu programa de hoxe no Salón, onde acudiu para apoiar as 39 empresas agroalimentarias da nosa comunidade presentes nesta edición da feira.
Neste certame, a conselleira entregou ademais varios galardóns a queixerías galegas dentro do certame 15º GourmetQuesos, Campeonato de los Mejores Quesos de España, entre elas un a Savel de Arias Moniz, gañador da prata na categoría da variedade de azuis mofado interno e recoñecido co Gold Cheese From Spain Awards, promovido por ICEX España Exportación e Inversións, do Ministerio de Comercio.